Indemnizacións por AT ou EP
En caso de morte causada por accidente de traballo ou enfermidade profesional, concédese a determinados beneficiarios, ademais da correspondente pensión, unha indemnización a prezo fixado.
Beneficiarios
-
O cónxuxe, o sobrevivente da parella de feito, o excónxuxe divorciado, separado ou con matrimonio declarado nulo, beneficiarios da pensión de viuvez.
-
Os orfos, beneficiarios da pensión de orfandade.
-
O pai e/ou a nai que estean a cargo do falecido, sempre que non existan outros familiares con dereito a pensión por morte e supervivencia, nin eles mesmos tivesen dereito a ela con ocasión da morte do causante.
Contía
-
Cónxuxe, parella de feito ou excónxuxe divorciado, separado ou con nulidade matrimonial:
-
Seis mensualidades da base reguladora da pensión de viuvez.
-
No suposto de concorrer máis dun beneficiario, a distribución da indemnización realizarase do mesmo xeito ca a pensión de viuvez, incluída a garantía do 40% da indemnización a favor do cónxuxe sobrevivente ou do que, sen selo, convivise co causante e fose beneficiario da pensión de viuvez.
-
Se se trata dun só beneficiario con matrimonio declarado nulo, a contía da indemnización será proporcional ao tempo convivido en matrimonio co falecido.
-
-
Orfos:
-
Unha mensualidade da base reguladora da pensión de orfandade.
-
Máis a cantidade que resulte de distribuír entre os orfos as seis mensualidades da base reguladora da pensión, se non existe cónxuxe, parella de feito ou excónxuxe con dereito a indemnización. A partir do 22-06-2006, enténdese que se cumpre esta condición de que non exista cónxuxe naqueles supostos nos que non mediara matrimonio entre os proxenitores do orfo.
-
-
Pai e/ou nai:
-
Nove mensualidades da base reguladora, se se trata dun ascendente.
-
Doce mensualidades da base reguladora, se se trata de ambos os dous ascendentes.
-
Como excepción, nos supostos de falecemento de pensionistas por incapacidade permanentederivada de continxencias profesionais, o cálculo da indemnización efectuarase sobre a contía da pensión que estivese a percibir o causante no momento do falecemento.
Compatibilidades / Incompatibilidades
-
A indemnización do cónxuxe e dos fillos é compatible coas pensións de viuvez e orfandade recoñecidas a estes.
-
A indemnización dos ascendentes é incompatible con calquera das pensións de morte e supervivencia que puidesen corresponderlles a eles ou a outros familiares.