Xubilación flexible
Ambito de aplicación
Será de aplicación a todos os Réximes da Seguridade Social, agás aos Réximes Especiais dos Funcionarios Civís do Estado, das Forzas Armadas e do persoal ao servizo da Administración de Xustiza.
Comunicación de actividades / Suspensión parcial / Efectos
-
O pensionista de xubilación, antes de iniciar as actividades realizadas mediante contrato a tempo parcial, deberá comunicar tal circunstancia á Entidade xestora respectiva.
-
O importe da pensión a percibir reducirase en proporción inversa á redución da xornada de traballo realizada polo pensionista, en relación á dun traballador a tempo completo comparable.
-
A minoración da contía da pensión terá efectos dende o día no que comece a realización das actividades.
-
-
A falta de comunicación nos termos indicados terá como efectos:
-
O carácter indebido da pensión, no importe correspondente á actividade a tempo parcial, dende a data de inicio das correspondentes actividades.
-
A obriga de reintegro do indebidamente percibido, sen prexuízo das sancións que procedan de acordo co previsto na Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
-
Compatibilidade / Incompatibilidade
-
A pensión de xubilación flexible será incompatible coas pensións de incapacidade permanente que puidesen corresponder pola actividade desenvolvida, con posterioridade ao recoñecemento da pensión de xubilación, calquera que sexa o Réxime no que se causen aquelas.
-
A percepción da pensión de xubilación flexible será compatible coas prestacións de incapacidade temporal ou de maternidade, derivadas da actividade efectuada a tempo parcial.
Cesamento de actividades / Efectos / Recálculo de pensión
As cotizacións efectuadas nas actividades realizadas, durante a suspensión parcial da percepción da pensión de xubilación, producirán efectos para a mellora da pensión, unha vez producido o cesamento no traballo.
A estes efectos, unha vez comunicado o cesamento na realización das actividades á Entidade xestora competente, restablecerase a percepción íntegra da pensión de xubilación, previo recálculo da súa contía conforme ás regras seguintes:
-
Procederase a calcular de novo a base reguladora, mediante o cómputo das novas cotizacións e aplicando as regras vixentes no momento do cesamento na actividade, agás que a aplicación do establecido nesta regra dese como resultado unha redución do importe da base reguladora anterior, en cuxo caso, se manterá esta última, aínda que aplicando á contía da pensión as revalorizacións habidas dende a data de determinación da base reguladora ata a do cesamento no traballo.
-
As cotizacións efectuadas, tras a minoración do importe da pensión de xubilación:
-
Darán lugar á modificación da porcentaxe aplicable á base reguladora, en función do novo período de cotización acreditado.
-
Producirán efectos para diminuír ou, no seu caso, suprimir o coeficiente redutor que se aplicase, no momento de causar o dereito á pensión de xubilación anticipada por ter ou non a condición de mutualista.
-
-
Se o traballador falecese durante a situación de xubilación flexible, a efectos do cálculo das prestacións por morte e supervivencia que correspondan, os beneficiarios poderán optar por que aquelas se calculen:
-
Dende a situación de activo do causante.
-
Ou, no seu caso, dende a situación de pensionista. Neste suposto, tomarase como base reguladora a que serviu para a determinación da pensión de xubilación, aplicándose as revalorizacións habidas dende o momento no que se determinou a correspondente base reguladora.
-
Outros efectos
Durante a percepción da pensión de xubilación flexible, os titulares da mesma manterán a condición de pensionista a efectos de recoñecemento e percepción das prestacións sanitarias.