Nova denominación
As pensións de incapacidade permanente pasarán a denominarse pensións de xubilación, cando os beneficiarios cheguen á idade de 65 anos, sen que esta nova denominación implique modificación algunha respecto das condicións da prestación que se veña percibindo, nin alteración do réxime xurídico das prestacións que poidan derivarse delas.
En consecuencia, non procederá aplicar retención algunha polo Imposto da Renda das Persoas Físicas nas pensións de incapacidade permanente absoluta e grande invalidez que pasen a denominarse pensión de xubilación. d