Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Réximes Especiais

Réxime Especial de Traballadores do Mar

En territorio nacional os beneficiarios do Réxime Especial do Mar reciben asistencia sanitaria fundamentalmente do Instituto Social da Mariña (ISM) nas Comunidades Autónomas en que non foi transferida esta competencia, sendo esta coordinada e complementada coa do Instituto de Xestión Sanitaria (INGESA) ou Servizo de Saúde de Comunidades Autónomas e pola asistencia concertada. Nas Comunidades Autónomas con asistencia sanitaria do ISM transferida, esta corre a cargo delas.

Os traballadores embarcados, se están fondeados en territorio español, seguen o modelo anterior. En alta mar poden solicitar consello médico ao Centro Radio-Médico, aos Centros no Estranxeiro do ISM, aos buques sanitarios Esperanza del Mar e Juan de la Cosa. Estes buques brindan tamén asistencia sanitaria directa a pacientes de barcos da súa área de acción.

Os traballadores do mar no estranxeiro reciben asistencia sanitaria do ISM a través dos seus Centros Asistenciais en Dakar (Senegal) Nouadhibou (Mauritania), Seychelles e Walvis Bay (Namibia).

Naqueles países (alleos á Unión Europea e non suxeitos a convenios bilaterais de asistencia sanitaria) sen medios propios do ISM, a asistencia corre a cargo do empresario, ao cal o ISM reembolsaralle os gastos ocasionados, sempre que a contía exceda de 137,03 euros e ata un límite máximo establecido polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, en casos de enfermidade común ou accidente non laboral e accidente laboral cando esta última continxencia estea asegurada polo ISM.

Nos países da Unión Europea o empresario poderá solicitar o reembolso dos gastos médicos segundo o establecido nos Regulamentos 1408/71 e 574/72.

Máis información relativa a este Réxime:

Persoas incluídas no campo de aplicación deste Réxime, afiliación, altas e baixas e cotización

Complementary Content
${loading}