Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Tarxeta Sanitaria Europea (TSE)

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) é o documento persoal e intransferible, de carácter gratuíto, que acredita o dereito a recibir as prestacións sanitarias que resulten necesarias, desde un punto de vista médico, durante unha estancia temporal no territorio de Islandia, Liechtenstein, Noruega, Reino Unido, Suíza ou algún dos países pertencentes á UE, tendo en conta a natureza das prestacións e a duración da estancia prevista, de acordo coa lexislación do país de estancia, independentemente de que o obxecto da estancia sexa o turismo, unha actividade profesional ou os estudos.

A Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) non é válida cando o desprazamento teña a finalidade de recibir tratamento médico, en cuxo caso é necesario que o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), ou o Instituto Social da Mariña (ISM), emita o formulario correspondente, previo informe favorable do Servizo de Saúde. Tampouco é o documento válido se vostede traslada a súa residencia ao territorio doutro Estado membro.

Nalgúns casos, deberá asumir unha cantidade fixa ou unha porcentaxe dos gastos derivados da asistencia sanitaria, en igualdade de condicións cos asegurados do Estado ao que se despraza. Estes importes non son reintegrables.

Para ampliar información poderá consultar o enderezo de Internet: https://ec.europa.eu/social/main.jsp?catId=1021&langId=es


A Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) é válida ata a data de caducidade indicada nela. A utilización da TSE durante o seu período de validez encóntrase condicionada a que o seu titular continúe reunindo os requisitos que deron lugar á súa obtención. Noutro caso, os gastos que se orixinen poderían ser reclamados en concepto de prestacións indebidas, de acordo co previsto no artigo 76 do Regulamento (CE) 883/04.

É importante que antes de realizar un desprazamento a calquera país do Espazo Económico Europeo (1) ou a Suíza, comprobe que dispón de TSE e que o seu período de validez comprende a data de regreso prevista. Se non é así, solicite unha nova TSE para asegurar a cobertura sanitaria durante a súa estancia.

(1) Estados nos que ten validez a TSE:

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.


En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Notainformativaparaimprimir Nota informativa para imprimir Descargar documento Nota informativa para imprimir. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Nota informativa para imprimir. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,277 KB) 25/03/2021

Os titulares do dereito e beneficiarios ao seu cargo que cumpran os requisitos esixidos pola lexislación española e polos Regulamentos Comunitarios de Seguridade Social.

Complementary Content
${loading}