Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Información Xeral

As primas correspondentes ás continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais terán, para todos os efectos, a condición de cotas da Seguridade Social.

A cotización por accidentes de traballo e enfermidades profesionais, nos réximes da Seguridade Social nos que se deba cotizar especificamente por estas continxencias, efectuarase mediante achegas exclusivas das empresas.

A porcentaxe que se debe aplicar será a que estableza a tarifa de primas vixente (disposición adicional cuarta da lei 42/2006, do 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2007, na redacción dada pola disposición final oitava da Lei 26/2009, do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2010), segundo a actividade desenvolvida pola empresa ou a ocupación/situación do traballador, no seu caso.

 

Complementary Content
${loading}