Bases e tipos de cotización 2024
Sistema Especial de Traballadores por conta allea agrarios durante período de actividade
ANO 2025
COTIZACIÓN EN PERÍODOS DE ACTIVIDADE.
A cotización poderá efectuarse, a opción do empresario, por bases diarias, en función das xornadas reais efectivamente realizadas ou previstas, ou por bases mensuais. De non se exercitar expresamente a opción polo empresario, por defecto entenderase que se elixiu a modalidade de bases mensuais de cotización, que resultará obrigatoria para os traballadores por conta allea con contrato indefinido sen incluír entre estes aos que presten servizos con carácter fixo descontinuo, nos que terá carácter opcional.
As bases de cotización aplicables para os traballadores incluídos neste Sistema Especial determinaranse conforme ao establecido no artigo 147 do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.
Aos traballadores incluídos neste Sistema especial, non lles será de aplicación a cotización adicional por horas extraordinarias.
Tampouco será de aplicación a cotización adicional por continxencias comúns, establecida nos contratos temporais de duración efectiva igual ou inferior a trinta días.
1.- BASES DE COTIZACIÓN POR CONTINXENCIAS COMÚNS E PROFESIONAIS EN MODALIDADE MENSUAL
Para os traballadores con modalidade de cotización mensual, que presten servizos durante todo o mes, a partir do 1 de xaneiro de 2025 establécense as seguintes bases mínimas e máximas de cotización durante os períodos de actividade:
| Grupo de Cotización | Categorías Profesionais |
Bases mínimas euros/mes |
Bases máximas euros/mes |
|---|---|---|---|
| 1 | Enxeñeiros e licenciados. Persoal de alta dirección non incluído no artigo 1.3.c) do Estatuto dos Traballadores | 1.929,00 | 4.909,50 |
| 2 | Enxeñeiros Técnicos, Peritos e Axudantes Titulados | 1.599,60 | 4.909,50 |
| 3 | Xefes Administrativos e de Taller | 1.391,70 | 4.909,50 |
| 4 | Axudantes non titulados | 1.381,20 | 4.909,50 |
| 5 | Oficiais administrativos | 1.381,20 |
4.909,50 |
| 6 | Subalternos | 1.381,20
|
4.909,50 |
| 7 | Auxiliares administrativos | 1.381,20 |
4.909,50 |
| 8 | Oficiais de primeira e segunda | 1.381,20 |
4.909,50 |
| 9 | Oficiais de terceira e Especialistas | 1.381,20 |
4.909,50 |
| 10 | Peóns | 1.381,20 |
4.909,50 |
| 11 | Persoas traballadoras menores de dezaoito anos | 1.381,20 |
4,909,50 |
2.-BASES DE COTIZACIÓN POR CONTINXENCIAS COMÚNS E PROFESIONAIS EN MODALIDADE DE XORNADAS REAIS
Cando se realicen no mes natural 22 ou máis xornadas reais a base de cotización aplicable será a correspondente ás bases de cotización por continxencias comúns e profesionais en modalidade mensual.
| Grupo de Cotización | Categorías Profesionais |
Bases mínimas euros/día |
Bases máximas euros/día |
|---|---|---|---|
| 1 | Enxeñeiros e licenciados. Persoal de alta dirección non incluído no artigo 1.3.c) do Estatuto dos Traballadores | 83,87 | 213,46 |
| 2 | Enxeñeiros Técnicos, Peritos e Axudantes Titulados | 69,55 | 213,46 |
| 3 | Xefes Administrativos e de Taller | 60,51 | 213,46 |
| 4 | Axudantes non titulados | 60,05 | 213,46 |
| 5 | Oficiais administrativos | 60,05 | 213,46 |
| 6 | Subalternos | 60,05 | 213,46 |
| 7 | Auxiliares administrativos | 60,05 | 213,46 |
| 8 | Oficiais de primeira e segunda | 60,05 | 213,46 |
| 9 | Oficiais de terceira e Especialistas | 60,05 | 213,46 |
| 10 | Peóns | 60,05 | 213,46 |
| 11 | Persoas traballadoras menores de dezaoito anos | 60,05 | 213,46 |
Con independencia do número de horas de traballo realizadas en cada xornada, a base de cotización das persoas traballadoras incluídas no Sistema Especial para traballadores por Conta Allea Agrarios non poderá ter desde o 1 de xaneiro de 2025 unha contía inferior a 60,05 euros/día.
3.-TIPOS DE COTIZACIÓN EN PERÍODOS DE ACTIVIDADE
Bases de cotización para Continxencias comúns e Accidentes de Traballo Y Enfermidades Profesionais
| CONTINXENCIAS COMÚNS | Accidentes Traballo e Enfermidades Profesionais | |||
|---|---|---|---|---|
| GRUPO DE COTIZACIÓN | EMPRESA | TRABALLADOR | TOTAL |
Tarifa Primas Disposición Adicional Cuarta Lei 42/2006, do 28 de decembro, PGE 2007, na redacción recollida na Disposición Final Quinta do RDL 28/2018, do 28 de outubro (BOE do 29) sendo as primas resultantes a cargo exclusivo da empresa |
| 1 | 23,60 | 4,70 | 28,30 | |
| 2 a 11 | 20,96 | 4,70 | 25,66 | |
Tipos de cotización Mecanismo Equidade Interxeracional (MEI)
| EMPRESA | TRABALLADORES | TOTAL | |
|---|---|---|---|
| MECANISMO EQUIDADE INTERXERACIONAL (MEI) | 0,67 | 0,13 | 0,8 |
Base de cotización para Desemprego, FOGASA e Formación Profesional
| DESEMPREGO | EMPRESA | TRABALLADORES | TOTAL |
|---|---|---|---|
| Persoas traballadoras por conta allea de carácter fixo, non obstante, cando se trate de contratos de duración determinada ou celebrados con persoas traballadoras que teñan recoñecido un grao de discapacidade non inferior ao 33 por cento | 5,50 | 1,55 | 7,05 |
| Persoas traballadoras por conta allea de carácter eventual | 6,70 | 1,60 | 8,30 |
| EMPRESA | TRABALLADORES | TOTAL | |
|---|---|---|---|
| FOGASA | 0,10 | 0,10 |
| EMPRESA | TRABALLADORES | TOTAL | |
|---|---|---|---|
| FORMACIÓN PROFESIONAL | 0,15 | 0,03 | 0,18 |
Tipos de cotización durante as situacións de Incapacidade Temporal, Risco durante o embarazo e Risco durante a lactación natural, así como de Nacemento e coidado do menor ou por exercicio corresponsable do coidado do lactante, causadas durante a situación de actividade: a cotización efectuarase segundo modalidade de contratación.
| CONTRATO INDEFINIDO | CONTRATO TEMPORAL E FIXOS DISCONTINUOS | |
|---|---|---|
| GRUPO DE COTIZACIÓN | TIPO % CONTINXENCIAS COMÚNS |
Respecto aos días contratados nos que as persoas traballadoras non puidesen prestar os seus servizos aplicaranse os tipos previstos para o contrato indefinido. |
| 1 | 15,50 | |
| 2 a 11 | 2,75 | |
4.-REDUCIÓNS ACHEGAS EMPRESARIAL
4,1. Reducións na cotización por continxencias comúns en situacións de actividade.
Durante o ano 2025 aplicaranse as seguintes reducións nas achegas empresariais á cotización a este Sistema Especial durante os períodos de actividade con prestación de servizos.
-
Respecto ás persoas traballadoras encadradas no grupo de cotización 1, aplicarase unha redución de 8,10 puntos porcentuais da base de cotización, resultando un tipo efectivo de cotización por continxencias comúns do 15,50 por 100.
En ningún caso a cota empresarial resultante será superior a 279,00 euros ao mes o 12,68 por xornada real traballada. -
Respecto ás persoas traballadoras encadradas nos grupos de cotización 2 a 11, a redución axustarase ás seguintes regras:
Para bases mensuais de cotización a fórmula que hai que aplicar será a seguinte:

A cota empresarial resultante non poderá ser inferior a 163,84 euros mensuais ou 7,45 euros por xornada real traballada.
4,2. Reducións na achega empresarial por desemprego durante as situacións de Incapacidade Temporal, Risco durante o embarazo, Risco durante a lactación natural, así como de Nacemento e coidado do menor e exercicio corresponsable do coidado do lactante, causadas durante a situación de actividade.
Durante o ano 2025 aplicarase para todas as persoas traballadoras que se encontren nestas situacións, calquera que sexa o grupo no que queden encadradas, unha redución de 2,75 puntos porcentuais da base de cotización.
Réxime Especial de Traballadores Autónomos
| Base mínima e máxima euros/mes | Durante o ano 2025, a táboa xeral e a táboa reducida das bases máximas e mínimas aplicables aos diferentes tramos de rendementos netos serán as seguintes:
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Tipo Continxencias Comúns | 28,30 por cento | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tipo Continxencias Profesionais |
1,30 por cento |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tipo Cesamento de Actividade |
0,90 por cento |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tipo Formación Profesional |
0,10 por cento |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Mecanismo equidade interxeracional | 0,8 por cento sobre a base de cotización por continxencias comúns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Persoas traballadoras autónomas cun cambio de base solicitado a 1 de xaneiro de 2025
A base de cotización dos traballadores que a 31 de decembro de 2024 solicitasen un cambio da súa base de cotización con efectos desde o 1 de xaneiro de 2025 será a solicitada sempre que se encontre nalgún dos tramos das táboas xeral e reducida das bases máximas e mínimas, e cumpra o establecido no Real decreto-lei 13/2022, do 26 de xullo, polo que se establece un novo sistema de cotización para as persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e se mellora a protección por cesamento de actividade.
Familiares da persoa traballadora autónoma e societarios/as
Os familiares da persoa traballadora autónoma incluídos neste réxime especial ao abeiro do establecido no artigo 305.2.k) e as persoas traballadoras autónomas incluídas neste réxime especial ao abeiro do establecido nas letras b) e e) do artigo 305.2, así como as persoas traballadoras autónomas ás que se refire o artigo 308.1c), regra 5.ª, artigos todos eles do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, non poderán elixir unha base de cotización mensual inferior a 1.000 euros durante o ano 2025. Para a aplicación desta base de cotización mínima abondará con ter figurado 90 días en alta neste réxime especial en calquera destes supostos.
Persoas traballadoras autónomas que a 31/12/2022 cotizasen por unha base superior á que lles correspondería polos seus rendementos e non a modificasen con posterioridade
Durante 2025 poderán manter a mesma base de cotización, ou unha inferior, aínda que os seus rendementos determinen a aplicación dunha base inferior a calquera de elas.
Persoas traballadoras autónomas dedicadas á venda ambulante ou a domicilio
Os traballadores autónomos dedicados á venda ambulante (CNAE 4781 Comercio polo miúdo de produtos alimenticios, bebidas e tabaco en postos de venda e mercados; 4782 Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, pezas de vestir e calzado en postos de venda e mercados e 4789 Comercio polo miúdo doutros produtos en postos de venda e mercados) poderán elixir cotizar por unha base equivalente a un 77 por cento da base mínima do tramo 1 da táboa reducida.
O establecido no presente apartado será tamén de aplicación aos socios traballadores de cooperativas de traballo asociado dedicadas á venda ambulante que perciben os seus ingresos directamente dos compradores.
Socios/as traballadores/as de cooperativas de traballo asociado dedicados/as á venda ambulante
Os/as socios/as traballadores/as de cooperativas de traballo asociado dedicados/as á venda ambulante que quedasen incluídos no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos en aplicación do establecido no artigo 120.catro.8 da Lei 2/2008 do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2009, terán dereito, durante o ano 2025, a unha redución do 50 por cento da cota por continxencias comúns que resulte de aplicar sobre a base provisional, sempre que o seu importe sexa de 960,60 euros ou inferior, o tipo de cotización vixente neste réxime especial. Esta redución non se aplicará se se elixiu unha base superior a 960,60 euros.
Tamén terán dereito a esta redución os/as socios/as traballadores/as de cooperativas de traballo asociado dedicados/as á venda ambulante que iniciasen a súa actividade e quedasen incluídos/as no citado réxime especial desde o 1 de xaneiro de 2009.
Pluriactividade
As persoas traballadoras autónomas coticen en réxime de pluriactividade, e o fagan durante o ano 2025, tendo en conta tanto as cotizacións efectuadas neste réxime especial coma as achegas empresariais e as correspondentes as persoas traballadoras autónomas no réxime de Seguridade Social que corresponda pola súa actividade por conta allea, terán dereito ao reintegro do 50 por cento do exceso en que as súas cotizacións por continxencias comúns superen a contía de 16.672,66 euros, co tope do 50 por cento das cotas ingresadas neste réxime especial en razón da súa cotización polas continxencias comúns.
En tales supostos, a Tesourería Xeral da Seguridade Social procederá a aboar o reintegro que en cada caso corresponda, nun prazo máximo de catro meses desde a regularización prevista no artigo 308.1.c) do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, salvo cando concorran especialidades na cotización que impidan efectualo nese prazo ou resulte necesaria a achega de datos por parte do interesado, en cuxo caso o reintegro se realizará con posterioridade a este.
Traballadores/as por conta propia dedicados a unha actividade artística
A base de cotización mensual á que se refire o artigo 313 bis parágrafo 1.º do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, para os artistas incluídos no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos cuxos ingresos anuais sexan iguais ou inferiores a 3.000,00 euros, será, en tanto se aprobe a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2025, de 526,14 euros mensuais.
Solicitude Base de Cotización Máxima con efectos 1 de xaneiro 2025
As persoas traballadoras incluídas no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos e/ou no Réxime Especial dos Traballadores do Mar que, a 1 de xaneiro de 2025, viñesen cotizando pola base máxima do tramo 11 e 12 da táboa xeral para o ano 2024, equivalente a 4.720,50 euros, poderán solicitar ata o 31 de marzo de 2025, calquera base de cotización que se atope comprendida entre a base pola que veñen cotizando (4.720,50 euros) e a base máxima do tramo 11 e 12 da táboa xeral para o ano 2025, equivalente a 4.909,50 euros, con efectos 1 de xaneiro 2025.
Colectivos excluídos do novo sistema de cotización para os traballadores por conta propia ou autónomos
- Membros de vida consagrada da Igrexa Católica
Aos membros de institutos de vida consagrada da Igrexa Católica, incluídos neste réxime especial en virtude do Real Decreto 3325/1981, de 29 de decembro, pola que se incorpora ao Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos aos relixiosos de Dereito diocesano da Igrexa Católica, e da Orde TAS/820/2004, de 12 de marzo, pola que se incorpora ao Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta propia ou Autónomos os relixiosos da Igrexa Católica, non se lles aplicará a cotización en función dos rendementos da actividade económica ou profesional.
En calquera caso, deberán elixir a súa base de cotización mensual nun importe igual ou superior á base mínima do tramo 3 da táboa reducida de bases de cotización.
As bases de cotización mensuais elixidas por eles non serán obxecto de regularización, ao non cotizar en función de rendementos.
Tampouco será esixible a cobertura da continxencia por incapacidade temporal, das continxencias de accidente de traballo e enfermidade profesional, polo cesamento de actividade e por formación profesional.
O tipo de cotización aplicable á base de cotización dos membros de institutos de vida consagrada da Igrexa Católica incluídos no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos será o 27,15 por cento, do que o 26,51 por cento corresponde á cobertura de continxencias comúns, excluída a incapacidade temporal, e o 0,64 por cento, ás continxencias profesionais correspondentes a incapacidade permanente e a morte e supervivencia, non estando cuberta a protección por cesamento de actividade, sempre que os devanditos institutos conten coa autorización da Seguridade Social para colaborar na xestión da prestación económica de incapacidade temporal.
- Socios/as traballadores/as de cooperativas que dispoñan dun sistema intercooperativo de prestacións sociais complementario ao sistema público.
Aos/ás socios/as de cooperativas incluídos/as no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos que dispoñan dun sistema intercooperativo de prestacións sociais, complementario ao sistema público, no ano 2025 non lles resultará de aplicación a cotización en función dos rendementos obtidos pola súa actividade económica ou profesional, conforme ao disposto na disposición adicional cuarta do Real decreto-lei 13/2022, do 26 de xullo.
Deberán elixir unha base de cotización mensual nun importe igual ou superior á base mínima do tramo 1 da táboa xeral de bases de cotización establecidas para o ano 2025. As bases de cotización mensuais elixidas por eles/as non serán obxecto de regularización, ao non cotizar en función de rendementos.
Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrarios
| Base mínima e máxima euros/mes | Durante o ano 2025, a táboa xeral e a táboa reducida das bases máximas e mínimas aplicables aos diferentes tramos de rendementos netos serán as seguintes:
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Tipo Continxencias Comúns |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Mellora voluntaria de incapacidade temporal por continxencias comúns |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tipo para accidentes de traballo (AT) e enfermidades profesionais (EP) |
Tarifa de primas establecida na disposición adicional cuarta da Lei 42/2006, do 28 de decembro |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Incapacidade permanente, e morte e supervivencia (cando non se opte pola totalidade de AT e EP) |
1,00 por cento |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Mecanismo de equidade interxeracional | 0,8 por cento sobre a base de cotización por continxencias comúns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
As persoas traballadoras incluídas neste sistema especial que non optasen por dar cobertura, no ámbito de protección dispensada, á totalidade das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, efectuarán unha cotización adicional equivalente ao 0,10 por cento, aplicado sobre a base de cotización elixida, para a finalización das prestacións previstas para o risco durante o embarazo e risco durante a lactancia natural.
Sistema Especial Traballadores conta allea agrarios durante períodos de inactividade
Determinación da situación de inactividade
Existen períodos de inactividade dentro dun mes natural cando o número de días naturais en que a persoa traballadora figure de alta no sistema especial no devandito mes sexa superior ao número de xornadas reais nese mes multiplicado por 1,3636.
O número de días de inactividade do mes é a diferenza entre os días en alta laboral no mes e o número de xornadas reais no mes multiplicadas por 1,3636.
A cotización polos días de inactividade no mes é o resultado de multiplicar o número de días de inactividade no mes pola base de cotización diaria correspondente e polo tipo de cotización aplicable.
Base de cotización na situación de inactividade
Desde o 1 de xaneiro de 2025, a base mensual de cotización aplicable para as persoas traballadoras por conta allea incluídas neste sistema especial, durante os períodos de inactividade, dentro do mes natural é de 1.381,20 euros. Esta contía corresponde á base mínima de cotización por continxencias comúns do grupo 7 da escala de grupos de cotización do Réxime Xeral da Seguridade Social.
Cando a persoa traballadora realice no mes natural vinte e dúas ou máis xornadas reais, a base de cotización correspondente ás elas será tamén de 1.381,20 euros, correspondente á base mínima por continxencias comúns do grupo 7 da escala de grupos de cotización do Réxime Xeral.
Tipo de cotización en situación de inactividade
O tipo de cotización durante os períodos de inactividade é do 11,50 por cento, sendo a cotización resultante a cargo exclusivo da persoa traballadora.
Beneficios na cotización
Desde o 1 de xaneiro de 2025, ás persoas traballadoras que realizasen un máximo de 55 xornadas reais cotizadas no ano 2024, aplicaráselles ás cotas resultantes durante os períodos de inactividade en 2025, unha redución do 19,11 por cento.
Cotización adicional correspondente ao ‘Mecanismo de equidade interxeracional’
Desde o 1 de xaneiro de 2025, durante os períodos de inactividade, esta cotización adicional determínase aplicando o tipo do 0,80 por cento sobre a base de cotización por continxencias comúns, a cargo da persoa traballadora.
Sistema Especial para Empregados do Fogar
Bases mensuais de cotización
Desde o 1 de xaneiro de 2025, as bases de cotización por continxencias comúns a este sistema especial serán as determinadas na seguinte escala, en función da retribución mensual percibida polos empregados de fogar por cada relación laboral.
| Tramo |
Retribución mensual euros/mes |
Base de cotización euros/mes |
|---|---|---|
| 1.º | Ata 319,00 | 296,00 |
| 2.º | Desde 319,01 ata 495,00 | 423,00 |
| 3.º | Desde 495,01 ata 672,00 | 584,00 |
| 4.º | Desde 672,01 ata 850,00 | 761,00 |
| 5.º | Desde 850,01 ata 1029,00 | 941,00 |
| 6.º | Desde 1029,01 ata 1204,00 | 1116,00 |
| 7.º | Desde 1204,01 ata 1381,20 | 1381,20 |
| 8.º |
Desde 1381,21 |
Retribución mensual |
Para os efectos da determinación da retribución mensual do empregado de fogar, o importe percibido mensualmente deberá ser incrementado, conforme ao establecido no artigo 147.1 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, coa parte proporcional das pagas extraordinarias que teña dereito a percibir o empregado.
Tipos de cotización
| CONTINXENCIAS | EMPREGADOR | TRABALLADOR | TOTAL |
|---|---|---|---|
| Comúns | 23,60 | 4,70 | 28,30 |
-
Continxencias comúns
Desde o 1 de xaneiro de 2025, o tipo de cotización por continxencias comúns será o 28,30 por cento, sendo o 23,60 por cento a cargo do empregador e o 4,70 por cento a cargo do empregado. -
Continxencias profesionais
Sobre a base de cotización que corresponda, aplicarase o tipo de cotización previsto na tarifa de primas disposición adicional cuarta Lei 42/2006, do 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2007, en redacción dada pola disposición final quinta do Real decreto-lei 28/2018, do 28 de decembro (clave epígrafe 97) sendo a cota resultante a cargo exclusivo do empregador. -
Desemprego
Os tipos de cotización por desemprego serán, a partir do 1 de xaneiro de 2025, os seguintes:- Contratación indefinida: 7,05 por cento, do que o 5,5 por cento será a cargo do empregador e o 1,55 por cento será a cargo do empregado.
- Contratación de duración determinada: 8,30 por cento, do que o 6,70 por cento será a cargo do empregador e o 1,60 por cento será a cargo do empregado.
-
Fondo de Garantía Salarial (FOGASA)
O tipo de cotización ao Fondo de Garantía Salarial será do 0,2 por cento a cargo exclusivo do empregador.
- Mecanismo de equidade interxeracional (MEI).
A partir do 1 de xaneiro de 2025 será o 0,8 por cento aplicable sobre a base de cotización por continxencias, do que o 0,67 por cento será a cargo do empregador e o 0,13 por cento será a cargo do empregado.
Beneficios na cotización
Salvo que se estableza o contrario, unicamente poderán obter reducións, bonificacións ou calquera outro beneficio nas bases, os tipos e as cotas da Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta, as persoas empregadoras que se encontren ao corrente no cumprimento das súas obrigas de pagamento coa Seguridade Social, na data da súa concesión.
A falta de ingreso en prazo regulamentario das cotas da Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta devindicadas con posterioridade á obtención dos beneficios na cotización dará lugar unicamente á súa perda automática respecto das cotas correspondentes a períodos non ingresados no devandito prazo, salvo que sexa debida a erro da Administración da Seguridade Social.
Os beneficios na cotización aplicables neste Sistema Especial son os seguintes:
- Redución por alta no réxime do 20% na cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns.
- Beneficio do 45% na cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns, pola contratación de coidadores en familias numerosas (non acumulable coa redución por alta no réxime do 20%). Só será aplicable pola contratación dun único coidador por cada unidade familiar que teña recoñecida oficialmente a condición de familia numerosa.
- Bonificación do 80 % na achega empresarial á cotización por desemprego (vixente desde o 1 de outubro de 2022).
- Bonificación do 80 % na cotización ao FOGASA (vixente desde o 1 de outubro de 2022).
- Redución do 75 % da cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns durante a situación de incapacidade temporal das persoas traballadoras que fixesen 62 anos (vixente desde o 1 de xaneiro de 2022).
- Bonificacións na cota empresarial á Seguridade Social, pola contratación de persoas con discapacidade, consonte a Lei 43/2006, do 29 de decembro e o Real decreto-lei 1/2023, do 10 de xaneiro.
- Bonificación do 100% da cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns, pola formalización de contratos de interinidade, para substituír traballadoras vítimas de violencia de xénero, de acordo co artigo 21, apartado 3, da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
- Bonificación do 100 % da cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns, pola formalización de contratos de interinidade, para substituír traballadoras vítimas de violencia sexual que suspendesen o seu contrato de traballo ou exercitase o seu dereito á mobilidade xeográfica ou ao cambio de centro de traballo, de acordo co artigo 38, apartado 3, da Lei Orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual.
- Bonificación do 100 % da cota empresarial total á Seguridade Social pola formalización de contratos de interinidade que se celebren con persoas desempregadas para substituír persoas traballadoras que teñan suspendido o seu contrato de traballo por risco durante o embarazo ou por risco durante a lactación natural, por nacemento e coidado de menor e exercicio corresponsable do coidado do lactante, nos termos establecidos no Estatuto dos Traballadores.
Desde o 1 de setembro de 2023, para novas contratacións, esta bonificación será, con carácter xeral, de 366 euros da cota empresarial total á Seguridade Social.
- Bonificación do 100% da cota empresarial total á Seguridade Social das persoas traballadoras substituídas polas causas citadas no parágrafo anterior. Só será de aplicación esta bonificación mentres coincidan no tempo a suspensión de actividade polas devanditas causas e o contrato de interinidade do substituto e, en todo caso, co límite máximo do período de suspensión.
Desde o 1 de setembro de 2023, para novas contratacións, esta bonificación será, con carácter xeral, de 366 euros da cota empresarial total á Seguridade Social.
No caso no que a contratación dunha persoa traballadora puidese dar lugar simultaneamente á súa inclusión en máis de un dos supostos para os que están previstos bonificacións na cotización polas mesmas continxencias, só será posible gozalos respecto dun deles, correspondendo a opción á persoa empregadora no momento da solicitude da alta, ou da variación de datos, da persoa traballadora.
Réxime Xeral da Seguridade Social
ANO 2025
| Grupo de Cotización | Categorías Profesionais |
Bases mínimas euros/mes |
Bases máximas euros/mes |
|---|---|---|---|
| 1 | Enxeñeiros e licenciados. Persoal de alta dirección non incluído no artigo 1.3.c) do Estatuto dos Traballadores | 1.929,00 | 4.909,50 |
| 2 | Enxeñeiros Técnicos, Peritos e Axudantes Titulados | 1.599,60 | 4.909,50 |
| 3 | Xefes Administrativos e de Taller | 1.391,70 | 4.909,50 |
| 4 | Axudantes non titulados | 1.381,20 | 4.909,50 |
| 5 | Oficiais administrativos | 1.381,20
|
4.909,50 |
| 6 | Subalternos | 1.381,20 |
4.909,50 |
| 7 | Auxiliares administrativos | 1.381,20 |
4.909,50 |
|
Bases mínimas euros/día |
Bases máximas euros/día |
||
| 8 | Oficiais de primeira e segunda | 46,04 | 163,65 |
| 9 | Oficiais de terceira e Especialistas | 46,04 | 163,65 |
| 10 | Peóns | 46,04 | 163,65 |
| 11 | Persoas traballadoras menores de dezaoito anos, calquera que sexa a súa categoría profesional | 46,04 | 163,65 |
| CONTINXENCIAS | EMPRESA | TRABALLADORES | TOTAL | Accidentes de traballo e Enfermidades profesionais |
|---|---|---|---|---|
| Comúns | 23,60 | 4,70 | 28,30 | Tarifa Primas establecida na Disposición Adicional Cuarta Lei 42/2006, do 28 de decembro, PGE 2007, na redacción recollida na Disposición Final Quinta do RDL 28/2018, do 28 de outubro (BOE do 29) sendo as primas resultantes a cargo exclusivo da empresa |
| Horas extraordinarias forza maior | 12,00 | 2,00 | 14,00 | |
| Resto de horas extraordinarias | 23,60 | 4,70 | 28,30 | |
| Mecanismo Equidade Interxeracional (MEI) | 0,67 | 0,13 | 0,8 |
(1) Exoneración na cotización por continxencias comúns (agás IT), desemprego, fondo garantía salarial e formación profesional, prevista no art. 152 do RD Lexislativo 8/2015:
- Aplicable durante o ano 2025 a traballadores por conta allea ou a socios traballadores ou de traballo de cooperativas, que continúen a traballar tras acadar a idade de 65 anos se se acreditan 38 anos e 3 meses ou máis de cotización ou 66 anos e 8 meses cando se acrediten menos de 38 anos e 3 meses de cotización.
- Tipo de cotización aplicable durante o ano 2025 por IT por continxencias comúns: 1,55%, do que o 1,30% será a cargo da empresa e o 0,25% a cargo do traballador.
(2) Os contratos de duración determinada por tempo inferior a 30 días terán unha cotización adicional a cargo do empresario que se aboará á súa finalización, e que durante o ano 2025 terá un importe de 32,60 €. Esta cotización adicional non se aplicará aos contratos por substitución, aos contratos para a formación e a aprendizaxe nin aos contratos de formación en alternancia.
| DESEMPREGO | EMPRESA | TRABALLADORES | TOTAL |
|---|---|---|---|
|
Tipo Xeral: Contratación indefinida, incluídos os contratos indefinidos a tempo parcial e fixos descontinuos, contratación de duración determinada nas modalidades de contratos de formación en alternancia, para a formación e aprendizaxe, formativo para a obtención da práctica profesional adecuada ao nivel de estudos, de relevo, interinidade e contratos realizados con traballadores que teñan recoñecido un grao de discapacidade non inferior ao 33% |
5,50 | 1,55 | 7,05 |
| Contrato duración determinada a tempo completo ou a tempo parcial | 6,70 | 1,60 | 8,30 |
| EMPRESA | TRABALLADORES | TOTAL | |
|---|---|---|---|
| FOGASA | 0,20 | 0,20 |
| EMPRESA | TRABALLADORES | TOTAL | |
|---|---|---|---|
| FORMACIÓN PROFESIONAL | 0,60 | 0,10 | 0,70 |
| MÁXIMO | MÍNIMO |
|---|---|
| 4.909,50 | 1.381,20 |
| GRUPO COTIZACIÓN | BASE MÍNIMA/HORA |
|---|---|
| 1 | 11,62 |
| 2 | 9,64 |
| 3 | 8,38 |
| 4 a 11 | 8,32 |
| DIARIO | MENSUAL | ANUAL | |
|---|---|---|---|
| IMPORTES | 39,47 € | 1.184,00 € | 16.576,00 € |
| DIARIO | MENSUAL | ANUAL | |
|---|---|---|---|
| IMPORTES | 20 € | 600 € | 7.200 € |
Prácticas formativas ou prácticas académicas externas incluídas nos programas de formación
Ano 2025
As persoas que realicen prácticas formativas ou prácticas académicas externas incluídas en programas de formación previstas na disposición adicional quincuaxésimo segunda do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social quedarán comprendidas como asimiladas a traballadores por conta allea no Réxime Xeral da Seguridade Social, excluídos os sistemas especiais deste, salvo que a práctica ou formación se realice a bordo de embarcacións, en cuxo caso a inclusión se producirá no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar.
Prácticas formativas remuneradas:
| Concepto | Empresa | Traballador | Total |
|---|---|---|---|
| Continxencias Comúns | 55,97 €/mes | 11,16 €/mes | 67,13 €/mes |
| Accidentes de traballo e Enfermidades profesionais | 3,99 €/mes IT (Incapacidade Temporal) 3,72 € IMS (Incapacidade Permanente, Morte e Supervivencia) |
7,71 €/mes | |
| Mecanismo Equidade Interxeracional (MEI) | Excluído |
Esta cotización aplicarase tamén respecto das prácticas realizadas ao abeiro do Real Decreto 1493/2011, do 24 de outubro, e do Real Decreto 1543/2011, do 31 de outubro, polo que se regulan as prácticas non laborais en empresas.
Prácticas formativas non remuneradas:
| Concepto | Empresa | Traballador | Total |
|---|---|---|---|
| Continxencias Comúns (excluída IT) | 2,79 €/día | 2,79 €/día (máximo mensual: 63,44 €) | |
| Accidentes de traballo e Enfermidades profesionais
|
0,18 €/día (IT) 0,16 €/día (IMS) |
0,34 €/día (máximo mensual: 7,71 € (3,99 € de IT e 3,72 € de IMS)) | |
| Mecanismo Equidade Interxeracional (MEI) | Excluído |
No ano 2025, para ambos os dous casos de prácticas, ás cotas por continxencias comúns resultaralles de aplicación a redución do 95 por cento establecida no apartado 5.b) da disposición adicional quincuaxésimo segunda do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, sen que lles sexa de aplicación outros beneficios na cotización distintos a esta redución. A estas reducións de cotas resultaralles de aplicación o establecido no artigo 20 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, a excepción do establecido nos seus apartados 1 e 3.
Contratos para a formación e a aprendizaxe e contratos formativos por alternancia.
Ano 2025
A cotización á Seguridade Social e polas demais continxencias protexidas respecto das persoas traballadoras que tivesen celebrado un contrato para a formación e a aprendizaxe ou un contrato de formación en alternancia efectuarase conforme ás seguintes regras:
Primeira: Cando a base de cotización mensual por continxencias comúns, determinada conforme ás regras establecidas no réxime da Seguridade Social, que corresponda non supere a base mínima mensual do devandito réxime:
| Concepto | Empresa | Traballador | Total Cota Mensual |
|---|---|---|---|
| Continxencias Comúns | 55,97 € | 11,16 € | 67,13 € |
| Accidentes de traballo e Enfermidades profesionais | 3,99 € (IT) 3,72 € (IMS) |
7,71 € | |
| Desemprego (*) | 75,96 € | 21,41 € | 97,37 € |
| Fondo Garantía Salarial | 4,25 € | 4,25 € | |
| Formación Profesional | 2,09 € | 0,27 € | 2,36 € |
(*) Cando proceda cotizar por desemprego nos contratos para a formación, a base de cotización será a base mínima correspondente ás continxencias por accidentes de traballo e enfermidades profesionais, para o ano 2025 euros, á que será de aplicación o tipo do 7,05%, distribuído conforme o seguinte detalle: 5,50 % a cargo da empresa e 1,55 % a cargo do traballador.
Segunda: Cando a base de cotización mensual por continxencias comúns, determinada conforme ás regras establecidas no réxime da Seguridade Social que corresponda, supere a base mínima mensual de cotización do devandito réxime, ás cotas únicas a que se refire a regra primeira sumaránselles as cotas resultantes de aplicar, ao importe en que a base de cotización exceda da base mínima, os seguintes tipos de cotización:
| Concepto | Empresa | Traballador | Total | Accidentes de traballo e Enfermidades profesionais |
|---|---|---|---|---|
| Continxencias Comúns | 23,60 % | 4,7 % | 28,30 % | Tarifa Primas Disposición Adicional Cuarta Lei 42/2006, do 28 de decembro,PGE 2007, na redacción recollida na Disposición Final Quinta do RDL 28/2018, do 28 de outubro (BOE do 29) sendo as primas resultantes a cargo exclusivo da empresa |
| Desemprego | 5,50 % | 1,55 % | 7,05 % | |
| Fondo Garantía Salarial | 0,20 % | 0,20 % | ||
| Formación Profesional | 0,60 % | 0,10 % | 0,70 % |
Terceira: Cotización Mecanismo de Equidade Interxeracional (MEI). Sobre a base de cotización mínima do Réxime Xeral da Seguridade Social:
| Concepto | Empresa | Traballador | Total |
|---|---|---|---|
| Mecanismo Equidade Interxeracional (MEI) | 0,67 % | 0,13 % | 0,8 % |
Inicio