Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Procedemento

Formalización e Recepción da Solicitude

Consideracións Xerais:

  • A solicitude formalizarase no modelo existente. O devandito modelo poderá obterse  en calquera das Administracións ou UUREda Seguridade Social.
  • A solicitude dirixirase á Administración da Seguridade Social ou á Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social na provincia en que o empresario ou suxeito responsable do pagamento teña autorizada a conta de cotización ou, no seu defecto, na que este teña o seu domicilio.

  • Se dispón dun certificado dixital, pode realizar a súa solicitude a través do trámite Aprazamento no pagamento de débedas á Seguridade Social na Sede Electrónica da Seguridade Social.

  • A solicitude poderá presentarse en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que son as seguintes:
    • No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan ou no Rexistro Electrónico Xeral de calquera Administración Pública.
    • Nos rexistros dos órganos administrativos aos que se dirixan. 
    • Nos rexistros de calquera órgano administrativo, que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera Administración das Comunidades Autónomas ou á dalgunha das entidades que integran a Administración Local se, neste último caso, se subscribira o oportuno convenio. 
    • Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza. 
    • Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro. 
    • En oficinas de asistencia en materia de rexistros.
    • En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
  • A solicitude deberá presentarse con anterioridade á autorización do alleamento de bens embargados.

  • A solicitude será única e comprensiva da totalidade da débeda existente, con independencia de que a empresa solicitante tivese diferentes códigos conta de cotización.

Contido da solicitude:

Deberán expoñerse todos os datos necesarios para a completa identificación do suxeito responsable

As circunstancias de feito que a motiven.

O período do aprazamento e os prazos de amortización que se propoñen.


A contía da débeda, diferenciando a que corresponde inaprazable e a aprazable. Normalmente serán denegadas aquelas solicitudes de aprazamento nas que o importe da débeda aprazable non supere o dobre do salario mínimo interprofesional mensual vixente.

Os códigos de conta de cotización afectados.

Complementary Content
${loading}