Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Garantías

O aprazamento deberá asegurarse mediante garantía suficiente para cubrir o importe principal da débeda, recargas, intereses e costas, agás nos seguintes supostos:

  • Cando o solicitante sexa a Administración Xeral do Estado, unha comunidade autónoma, unha entidade da Administración local ou organismos ou entidades de dereito público con personalidade xurídica propia vinculados ou dependentes de calquera de tales Administracións, sempre que non actúen no tráfico xurídico baixo forma societaria mercantil.
  • Cando o total da débeda aprazable sexa igual ou inferior a 30.000 euros, ou cando, sendo a débeda aprazable inferior a 90.000 euros, se acorde que se ingrese polo menos un terzo da débeda antes de que transcorran 10 días dende a notificación da concesión e o resto nos dous anos seguintes.
  • Cando se trate de débeda correspondente a prestacións indebidamente percibidas que non fosen satisfeitas dentro do prazo ou dos prazos regulamentarios fixados ao efecto, sempre que o suxeito responsable do seu reintegro manteña a súa condición de pensionista da Seguridade Social.
  • Nos aprazamentos en que, por concorrer causas de carácter extraordinario que así o aconsellen, o Secretario de Estado da Seguridade Social autorice expresamente a exención de garantías, previa proposta favorable do Director Xeral da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Nestes supostos, aínda cando non sexa necesaria a constitución de garantías suficientes, manterase a anotación preventiva do embargo que se producise.

Complementary Content
${loading}