Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta páxina
Valore este contido

Sistema Especial para Empregados de Fogar

Neste Sistema Especial para Empregados de Fogar quedan comprendidos os traballadores suxeitos á relación laboral especial do servizo do fogar familiar, regulada polo Real Decreto 1620/2011, do 14 de novembro.

Quedan excluídos deste sistema especial os traballadores que presten servizos domésticos non contratados directamente polos titulares do fogar familiar, senón a través de empresas, de acordo co previsto na disposición adicional décimo sétima da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema de Seguridade Social.

Para máis información sobre os trámites a realizar, se quere dar de alta unha persoa empregada de fogar, consulte o apartado "Emprego fogar " dispoñible no Portal da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Responsable

Desde o 1 de xaneiro de 2023, o suxeiro responsable do ingreso das cotas é o empregador, conforme á normativa establecida no Réxime Xeral da Seguridade Social.

Forma de pagamento

O procedemento de ingreso de cotas realizarase mediante domiciliación bancaria ou cargo en conta.

Prazo

O prazo regulamentario de ingreso das cotas de cada mes será o mes seguinte á devindicación.

A información relativa á cotización aplicable no Sistema Especial para Empregados de Fogar pódese consultar na sección Traballadores > Cotización/Recadación de Traballadores > Bases e tipos de cotización, no apartado “Sistema Especial para Empregados de Fogar”.

Complementary Content
${loading}