Datos que deben conter as solicitudes
Sen prexuízo das particularidades de cada réxime, con carácter xeral, a solicitude de alta conterá os datos relativos ao exercicio da súa actividade que lle faciliten unha información completa á Tesourería Xeral da Seguridade Social e en particular:
- Nome ou razón social do empresario que promove a alta.
- Código de Conta de Cotización do empresario.
- Réxime de Seguridade Social.
- Apelidos e nome do traballador.
- Número de Seguridade Social do traballador.
- DNI
- Domicilio do traballador.
- Data de inicio da actividade.
- Grupo de cotización.
- Epígrafe de AT e EP (unicamente para altas con data anterior a 31-12-2006)
- Tipo de contrato e coeficiente de xornada se é o caso.
- Ocupación (nos supostos indicados na Disposición adicional cuarta da lei 42/2006 do 28 de decembro de 2006)
- Convenio/ Convenios Colectivos (obrigatorio a partir do 26/07/2015)
No caso de solicitude de baixa, deberá conter os datos relativos a:
- Nome ou razón social do empresario que promove a baixa.
- Código de Conta de Cotización do empresario.
- Réxime de Seguridade Social.
- Apelidos e nome do traballador.
- Número de Seguridade Social do traballador.
- DNI.
- Domicilio do traballador.
- Data de cesamento da actividade
- Causa da baixa.
A solicitude de variación de datos, ademais dos datos identificadores do traballador e do empresario, conterá os datos obxecto de modificación, debendo ser comunicadas, fundamentalmente, aquelas variacións que afecten as condicións laborais:
- Tipo de contrato e coeficiente de xornada laboral.
- Epígrafe de AT e EP (para períodos anteriores ao 31-12-2006)
- Variación de grupo de cotización.
- Data de variación.
- Ocupación.
Se se trata dun traballador por conta propia, ademais dos datos indicados anteriormente, terá os referidos a:
- Actividade profesional.
- Sede desta actividade profesional.
- Réxime de Seguridade Social.
- Peculiaridades en materia de cotización e acción protectora