Modelo TA.2/S-0138 Solicitude de alta, baixa ou variación de datos do traballador/a por conta allea no Réxime Xeral - Sistema Especial para empregados de fogar
O modelo TA.2/S-0138 permite solicitar a alta ou a baixa, así como a variación dos datos de xornada ou retribución dunha persoa empregada de fogar.
- Se dispón de certificado electrónico, DNIe ou Cl@ve permanente, tanto a través da Sede electrónica da Seguridade Social como do Portal da TGSS, pódense realizar os trámites indicados de forma telemática, accedendo aos servizos de “Alta en emprego de fogar”, “Baixa en emprego de fogar” ou “Modificación de datos laborais en emprego de fogar”.
- Se non dispón dos citados medios de identificación, poderá acceder ao Portal da TGSS, servizo “Enviar unha solicitude”, seleccionar a categoría “Outros trámites de Emprego de Fogar”, elixir o trámite que corresponda e presentar cumprimentado este modelo de solicitude (TA.2/S-0138).
A alta dunha persoa empregada de fogar no Sistema Especial para Empregados de Fogar require que esta dispoña do Número de Afiliación (NAF) ou de Seguridade social (NUSS). O NAF/NUSS pódese obter de forma telemática a través do servizo "Solicitar o Número da Seguridade Social" dispoñible no Portal da TXSS. No suposto de non poder acceder a este servizo, poderíase presentar debidamente cumprimentado e asinado o modelo “TA.1 - Solicitude de afiliación á seguridade social, asignación de número de seguridade social e variación de datos”.
Ademais, para poder dar de alta a unha persoa empregada de fogar, o titular do fogar familiar deberá dispoñer dun Código de Conta de Cotización (CCC) para o Sistema Especial para Empregados de Fogar. O CCC pódese solicitar de forma telemática a través do servizo “Inscrición e asignación de CCC para empresario individual” dispoñible na Sede Electrónica da Seguridade Social. En caso de non poder acceder a este servizo, poderíase presentar debidamente cumprimentado e asinado o modelo “TA.6- 0138 FOGAR: Solicitude de CCC para empregadores no Sistema Especial de Fogar e baixa e variación de datos".
Documentos | Descarga | Fecha |
---|---|---|
160061 Modelo TA.2/S-0138 Solicitude de alta, baixa ou variación de datos do traballador/a por conta allea no Réxime Xeral - Sistema Especial para Empregados de Fogar |
|
04/03/2025 |