Trámites e Xestións de Convenios Especiais
Alta, baixa ou variación de datos de convenio especial
A través de Importass pódese solicitar:
- A alta dun convenio especial coa Seguridade Social.
- A baixa dun convenio especial subscrito coa Seguridade Social.
- A variación de datos, reanudación ou suspensión dun convenio especial subscrito coa Seguridade Social.
Para acceder a este servizo requírese certificado, DNI electrónico ou Cl@ve Permanente.
En caso de non dispoñer dos medios de identificación anteriores, poderase
realizar achegando copia de ambas as caras do DNI/NIE e un selfie coa cara dianteira do documento identificativo.
Cambio da base de cotización do convenio especial
A través do servizo Cambio de base de cotización de convenios especiais, existente en Importass, pódese solicitar a modificación da base de cotización dun convenio especial subscrito coa Seguridade Social, así como a solicitude ou renuncia ao incremento na base de cotización deste, en función do establecido na Orde que regula o convenio.
Seguimento e consulta do estado de solicitudes de convenios especiais. Achegar documentación
A través de IMPORTASS, servizo “Os teus expedientes e solicitudes”, permítese consultar, achegar documentación e realizar o seguimento de calquera trámite ou solicitude presentada ante a Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
Devolución de ingresos indebidos Réxime Xeral e Asimilados
A través de IMPORTASS, servizo “Consulta de pagamentos e débedas”, seleccionando a categoría “Devolución de ingresos de réximes e sistemas especiais”, permítese solicitar o reintegro total ou parcial das cotas ingresadas por erro nos termos e supostos fixados regulamentariamente.
Autocálculo de cota do convenio especial
A través do servizo de autocálculo pode realizar, dende o seu ordenador, o cálculo aproximado da contía á que ascenderá a cota do convenio especial ao que quere subscribirse.
Domiciliación en conta
A través da Sede Electrónica da Seguridade Social, os que sexan responsables do pagamento das cotas de convenios especiais poderán solicitar a domiciliación do pagamento das cotas de Seguridade Social na entidade financeira da súa elección ou o cambio da conta bancaria.
Consulta de recibos emitidos de convenios especiais
Este servizo está dispoñible na Sede Electrónica da Seguridade Social, para os que sexan responsables do pagamento das cotas de convenios especiais:
Este servizo pon a disposición dos responsables do pagamento das cotas de convenios especiais que sexan persoas físicas, ou, se é o caso, os seus apoderados persoas físicas, a posibilidade de consultar os recibos de liquidación mensuais nos que se detalla a información relativa ás cotas de Seguridade Social.
Este servizo pon a disposición dos responsables do pagamento das cotas de convenios especiais que sexan persoas físicas, ou, se é o caso, os seus apoderados persoas xurídicas, a posibilidade de consultar os recibos de liquidación mensuais nos que se detalla a información relativa ás cotas de Seguridade Social.
En ambos os dous casos, para acceder a estes servizos, requírese certificado dixital, DNI electrónico ou Cl@ve Permanente.
Consultas de información xeral sobre convenios especiais
Para consultas de información xeral en materia de convenios especiais, dispón das canles relacionadas no apartado “Axudámosche” da Sede Electrónica da Seguridade Social.