En todos os casos
Debe comunicar, dentro dos 30 días seguintes a que se produzan, as seguintes variacións:
-
Cambios de domicilio: residencia habitual ou fiscal.
-
Inicio de actividades laborais.
-
Cambios na situación económica: rendas de traballo, recoñecemento e/ou cobro doutras prestacións ou pensións nacionais ou estranxeiras ou outro tipo de rendas.
-
Cambios da situación familiar: estado civil, nacementos, defuncións...
-
Así mesmo, os beneficiarios de prestacións económicas do sistema da Seguridade Social, cuxo gozo se atope condicionado á residencia efectiva en España poderán ser citados a comparecencia nas Oficinas da Entidade Xestora competente.
En caso de non presentar a documentación requirida no prazo establecido ou de non comparecer ante a Entidade Xestora, previa citación, a prestación ou complemento a mínimos da mesma, será obxecto de suspensión cautelar. Se se presenta a documentación solicitada ou se comparece trascorridos máis de 90 días, dende a súa solicitude ou citación, producirase a rehabilitación da prestación ou do seu complemento, cunha retroactividade máxima de 90 días.