Modalidades / Clases
Pensións contributivas / Clases
-
Son prestacións económicas e de duración indefinida, aínda que non sempre, cuxa concesión está xeralmente supeditada a unha previa relación xurídica coa Seguridade Social (acreditar un período mínimo de cotización en determinados casos), sempre que se cumpran os demais requisitos esixidos.
-
A súa contía determínase en función das achegas efectuadas polo traballador e o empresario, se se trata de traballadores por conta allea, durante o período considerado para os efectos da base reguladora da pensión de que se trate.
-
Dentro da acción protectora do Réxime Xeral e dos Réximes Especiais da Seguridade Social, coas salvidades que, en cada caso e para cada modalidade, se indican no respectivo réxime especial, inclúense as pensións seguintes:
-
Por xubilación: xubilación ordinaria, xubilación anticipada por ter a condición de mutualista, xubilación anticipada sen ter a condición de mutualista, xubilación anticipada derivada do cesamento non voluntario no traballo, xubilación anticipada por vontade do traballador, xubilación anticipada por redución da idade mínima debido á realización de actividades penosas, tóxicas e insalubres, xubilación anticipada de traballadores con discapacidade, xubilación parcial, xubilación flexible e xubilación especial aos 64 anos.
-
Por incapacidade permanente: total, absoluta e grande invalidez.
-
Por falecemento: viuvez, orfandade e en favor de familiares.
-
-
Dentro da acción protectora do Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez (SOVI), inclúense as pensións de:
-
Vellez.
-
Invalidez.
-
Viuvez.
-
Pensións non contributivas / Clases
Son prestacións económicas que se recoñecen a aqueles cidadáns que, encontrándose en situación de necesidade protexible, carezan de recursos suficientes para a súa subsistencia nos termos legalmente establecidos, aínda cando non cotizasen nunca ou o tempo suficiente para alcanzar as prestacións do nivel contributivo. Dentro desta modalidade, encóntranse as pensións seguintes: Invalidez e Xubilación.
A xestión destas pensións non contributivas está atribuída aos órganos competentes de cada Comunidade Autónoma e ás Direccións provinciais do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) nas cidades de Ceuta e Melilla.