Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Asistencia sanitaria

Esta prestación comprende tanto as prestacións médicas como as farmacéuticas.

Asegurados/beneficiarios

  • Asegurado: a persoa que ostente a condición de pensionista.
  • Beneficiarios: os familiares que convivan co pensionista e ao seu cargo, sempre que cumpran os requisitos esixidos.

Contido

As prestacións sanitarias comprenden as seguintes modalidades:

  • Prestacións farmacéuticas. 
  • Atención primaria.
  • Atención especializada.
  • Atención de urxencia.
  • Transporte sanitario e prestacións complementarias.
  • Servizos de información e documentación sanitaria.

Recoñecemento do dereito

O recoñecemento do dereito á    asistencia sanitaria do pensionista e dos beneficiarios ao seu cargo efectúase polo INSS ,  mediante  a expedición de documento  que acredita o seu dereito,  que será notificado, con carácter xeral,  xunto coa resolución pola que se  lle recoñece a pensión.

Este documento terá validez en todo o territorio nacional, ante a Administración sanitaria autonómica  que, en cada caso, corresponda, tanto para a obtención da tarxeta sanitaria individual como para o acceso aos servizos sanitarios durante a tramitación e expedición da tarxeta.

Tarxeta sanitaria individual

É un documento "individual" e personalizado que acredita o dereito á asistencia sanitaria pública tanto do pensionista como dos beneficiarios.

Onde e como se obtén:

  • No centro de saúde ou consultorio que corresponda ao domicilio do interesado.
  • A solicitude dos interesados, presentando o documento que acredita a súa condición de pensionista a efectos de asistencia sanitaria da Seguridade Social, así como o DNI  do titular e dos beneficiarios maiores de 14 anos.

Inclusión de novos beneficiarios:

Antes de ir ao Centro de Saúde ou Consultorio para solicitar a tarxeta sanitaria individual do novo beneficiario, é preciso acudir ao INSS para que recoñeza o dereito a obter asistencia sanitaria da Seguridade Social.

Xestión

A prestación dos servizos sanitarios é levada a cabo polos órganos competentes de cada Comunidade Autónoma e polas Direccións Provinciais do Instituto Nacional de Xestión Sanitaria nas cidades de Ceuta e Melilla.


Bandeira Comunidade Autónoma Bandeira Comunidade Autónoma Bandeira Comunidade Autónoma Bandeira Comunidade Autónoma
Bandeira autonómica de Andalucía Andalucía Bandeira autonómica de Castela - A Mancha Castela-A Mancha Bandeira autonómica de Galicia Galicia Bandeira autonómica de Murcia Murcia
Bandeira autonómica de Aragón Aragón Bandeira autonómica de Castela e León Castela e León Bandeira autonómica das Illas Baleares Illas Baleares Bandeira autonómica de Navarra Navarra
Bandeira autonómica de Asturias Asturias Bandeira autonómica de Cataluña Cataluña Bandeira autonómica da Rioxa A Rioxa Bandeira autonómica do País Vasco País Vasco
Bandeira autonómica de Canarias Canarias Bandeira autonómica de Ceuta Ceuta Bandeira autonómica de Madrid Madrid Bandeira autonómica da C. Valenciana Comunidade Valenciana
Bandeira autonómica de Cantabria Cantabria Bandeira autonómica de Estremadura

Estremadura

Bandeira autonómica de Melilla Melilla

Desprazamentos por España

Nos seus desprazamentos por España, o pensionista e os beneficiarios do dereito á asistencia sanitaria:

  • Deben ir provistos da tarxeta sanitaria individual.
  • Teñen dereito a percibir, por parte do servizo de saúde da Comunidade Autónoma na que se encontre desprazado, as prestacións do Sistema Nacional de Saúde que puidese necesitar nas mesmas condicións e con idénticas garantías que os cidadáns residentes na devandita Comunidade Autónoma. 
Complementary Content
${loading}