Pensionistas
Esta páxina Web ofrécelle información sobre as prestacións económicas e sociais ás que vostede ou os seus familiares poden ter dereito, como pensións de xubilación, viuvez, orfandade e outros dereitos.
Pode coñecer as modalidades e características destas prestacións, os requisitos de acceso, o seu importe e duración, onde e como solicitalas, revalorización, dereitos, obrigas, e todo aquilo que poida ser do seu interese na súa condición de pensionista. Tamén pode obter formularios e modelos para presentar nunha Oficina da Seguridade Social.
Dende aquí pode acceder á Sede Electrónica da Seguridade Social, onde ten á súa disposición unha serie de servizos e poderá xestionar solicitudes, escritos e comunicacións sen necesidade de desprazarse.