Valore este contenido
Notas acerca da versión
Está dispoñible a nova versión de SILTRA 4.1.0.
Para aqueles usuarios que estean actualizados a unha versión 3.6.0. ou superior, a descarga será automática. Aqueles que aínda teñan unha versión anterior, cando se conecten ofreceráselles a descarga da versión 3.6.0. Poderase actuar de dúas formas:
- Descargar dende aí a versión 3.6.0., pechar SILTRA, instalar a versión 3.6.0. e volver conectar para descargar a versión 4.1.0.
- Actualizar á nova versión 4.1.0. de forma manual descargando a actualización ou a versión completa dende a web da Seguridade Social.
Esta nova versión de SILTRA inclúe:
- Modificacións Regulamento Xeral de Afiliación – prazo baixas e variacións de datos de traballadores. Modifícase o control de prazo existente para a comunicación das baixas e variacións de datos de traballadores, pasando dos 3 días actuais a 6 días.
- Actualización da táboa T-41 – TIPOS DE INACTIVIDADE.
- Eliminación da nota informativa pola que se traslada ás empresas a posibilidade da perda do dereito de aplicación dos incentivos na cotización á Seguridade Social pola variación do coeficiente a tempo parcial do contrato de traballo.
- Creación novo asunto de comunicación masiva: Fin da Aplicación da Bonificación por Substitución Vítima Violencia Xénero/Sexual.
- Actualización da táboa T-52 – PECULIARIDADES DE COTIZACIÓN.
- Eliminación do modo “Prácticas” de SILTRA: Elimínase o modo “Prácticas” de SILTRA para cotización. A partir desta versión deixará de estar dispoñible para os usuarios.
Inicio