Pasos para a incorporación
1. Solicitude do Certificado SILCON
2. Solicitude de autorización
Os interesados, unha vez recibidas as informacións pertinentes, e obtidos os Certificados SILCON, presentarán a solicitude de autorización (formulario FR101).
As autorizacións ao Sistema RED poden ser dos seguintes tipos:
- Autorización para actuar en nome propio: cando unicamente se vaian xestionar CCCs ou NAFs cuxo NIF coincide co NIF da autorización.
- Autorización para actuar en nome doutros: aquelas nas que se vaian xestionar CCCs ou NAFs cuxo NIF non coincide co NIF da autorización, distinguíndose dous tipos:
- Profesional Colexiado: cando a persoa física ou xurídica á que se concede a autorización sexa un Profesional Colexiado exercente dalgún dos seguintes Colexios: Graduados Sociais, Xestores Administrativos, Avogados, Economistas, Titulados Mercantís e Empresariais, Propiedade Inmobiliaria, Axentes Tributarios, Seguros, Administradores de Fincas Urbanas, Enxeñeiros Técnicos Industriais, Procuradores e Rexistradores.
- Terceiro: naqueles casos nos que se xestionen códigos de conta de cotización cun NIF diferente ao NIF da autorización e que non cumpran as condicións para solicitar a autorización do Tipo Profesional Colexiado.
Todos estes tipos de autorización pódense conceder tanto a unha Persoa Física como Xurídica.
Xunto ao formulario de solicitude de autorización (FR101) debidamente cuberto, deberase presentar ademais a seguinte documentación:
- Fotocopia do documento identificativo (DNI, NIE, Pasaporte) do solicitante
- Documentación que acredite a representación da Personalidade Xurídica ou da Persoa Física.
- No caso de que a autorización sexa do tipo Profesional Colexiado requirirase ademais o certificado de Profesional Colexiado exercente.
Este trámite de solicitude da autorización pode realizarse presencialmente á Unidade de Atención ao Usuario existente en cada unha das Direccións Provinciais da TGSS, ou a través do Rexistro Electrónico da Sede Electrónica.
3. Solicitude de asignación de CCCs/NAFs
Tamén será necesario solicitar a asignación á autorización dos CCCs ou NAF que se vaia xestionar. Este trámite poderá realizarse presencialmente na TGSS ou a través dun servizo dispoñible en Sistema RED En liña / Xestión de Autorizacións.
Solicitude presencial
Deberase presentar a seguinte documentación, en función de se o autorizado RED e o NAF ou CCCs que hai que asignar teñan igual ou distinto NIF:
- Formulario FR104: Para aqueles casos nos que o autorizado RED e os CCCs e/ou NAF que hai que asignar ou rescindir teñan o mesmo NIF. Nestes casos non se require o outorgamento de representación ao autorizado para que actúe en nome do CCC ou NAF xa que coincide coa identidade de ambos os dous. Este formulario só ha de estar asinado polo usuario principal da autorización, ao que non se lle solicitará que acredite a representación da empresa autorizada, xa que a acreditou no momento da solicitude da autorización.
- Formulario FR103: Para aqueles casos nos que o Autorizado RED e o NAF que hai que asignar teñan distinto NIF. Nestes casos requírese representación ao autorizado para que actúe en nome do afiliado. Deberá estar asinado sempre polo usuario principal da autorización, así como polo afiliado ou polo representante deste.
- Formulario FR10: Este formulario utilizarase cando o Autorizado RED e os CCCs que hai que asignar teñen distinto NIF.
Solicitude telemática
O servizo de solicitude de asignación/rescisión de CCCs/NAFs encóntrase dispoñible en Sistema RED En liña/ Xestión de Autorizacións. Este servizo só pode ser utilizado polo usuario principal da autorización.
- Ao solicitar a asignación dun CCC ou NAF o sistema comprobará se o NIF da autorización coincide co NIF do CCC ou NAF que hai que asignar Se coincide asignarao automaticamente.
- Se non coincide, a empresa deberá confirmar a asignación a través do servizo creado para tal efecto na Sede Electrónica da Seguridade Social.
Para máis información sobre este servizo consultar o manual de "Xestión de Autorizacións".
Os trámites de Solicitude de asignación de CCCs/NAF a unha autorización, non se poderán realizar a través do Rexistro Electrónico, (nin de forma individualizada, nin conxuntamente á solicitude de autorización).
Todos os formularios que hai que presentar son de libre descarga na páxina web da Seguridade Social.
Unha vez asignados os CCCs, para realizar prácticas en afiliación, é importante que se anexen os tres códigos de conta de cotización que se queren habilitar para iso.
4. Concesión da autorización
5. Xestión de usuarios
O usuario principal da autorización poderá dar de alta, baixa ou modificar datos a usuarios secundarios a través do servizo "Alta/Baixa ou Modificación de Usuarios Secundarios", situado dentro do apartado "Xestión de Autorizacións - Xestión de Usuarios Secundarios" do Sistema RED En liña.
Con carácter excepcional poderá ser presentado o formulario FR102A polo usuario principal da autorización para solicitar altas, baixas ou modificacións de usuarios secundarios de xeito presencial nas Administracións. Igualmente, o usuario secundario poderá solicitar a súa baixa presentando o formulario FR102U presencialmente, sempre e cando existan impedimentos suficientemente xustificados para non poder realizar o devandito trámite de forma telemática.
6. Prácticas no Sistema
Por último, para facilitar a incorporación dos usuarios ao Sistema RED, é posible realizar envíos en prácticas, é dicir, sen efectos sobre a base de datos da TGSS.
A actividade en prácticas pódese realizar nos ámbitos de Cotización e Afiliación, pero non nos partes de alta e baixa de incapacidade temporal.
No ámbito dos partes de alta e baixa de incapacidade temporal, todos os envíos teñen carácter real, e polo tanto terán efecto sobre a base de datos da TGSS.