Valore este contenido
Vantaxes do Sistema RED
- Eliminación das xestións administrativas polo procedemento convencional en papel, coas conseguintes vantaxes en comodidade, aforro de tempo e custos, ao poder realizalas desde a propia empresa.
- Conexión directa a través de INTERNET ao Ficheiro Xeral de Afiliación (que permitirá realizar altas, baixas, variacións de datos do traballador, consultas e peticións de información relativas a traballadores e empresas) e a diversos servizos de cotización.
- Tan só se necesita dispor dun navegador de Internet e o certificado SILCON para poder acceder a estas opcións.
- Amplo horario de actuación: posibilidade de transmitir información 24 horas ao día, 365 días ao ano (modalidade de envío de ficheiros).
- Resposta inmediata da TXSS, o que permite confirmar se os movementos se realizaron correctamente, e tamén contrastar a súa base de datos de traballadores coas da TXSS.
- Os documentos transmitidos a través do Sistema RED non teñen que serlles presentados a outras entidades xestoras da Seguridade Social.
- Mínima dotación informática.
- Comunicación das últimas modificacións de normativa que lle afecten e outra información do seu interese.
- Posibilidade de impresión de documentos, coa pegada que dá validez legal ante terceiros, desde a súa propia oficina, no momento que queira e tantas veces como desexe.
- A utilización de INTERNET como modalidade de transmisión fai que o Sistema sexa cada vez máis moderno, accesible desde calquera lugar e adaptado ao uso xeral.
- Garantía de seguridade e privacidade co uso do certificado SILCON.