Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Valore esta páxina
Valore este contido

Que é o Sistema RED?

 

É un servizo que ofrece a TGSS  a empresas, agrupacións de empresas e profesionais, cuxa misión é permitir o intercambio de información, e documentos entre ambas as dúas entidades (TGSS e usuarios) a través de INTERNET.

Por medio do Sistema RED  pódese entrar en contacto directo coa TGSS que, grazas aos medios tecnolóxicos e elementos de seguridade necesarios, lle permite o acceso a datos de empresa e traballadores, así como a remisión de documentos de cotización e afiliación e partes médicos.

Os ámbitos de actuación que abrangue este servizo son os seguintes:

  • Cotización: presentación de documentos das series TC2 (Relación nominal de traballadores), tramitación de saldos acredores, e ingreso das cotas mediante domiciliación en conta ou pagamento electrónico.

  • Afiliación: altas, baixas, variacións de datos de traballadores, así como consultas e petición de informes relativos a traballadores e empresas.

  • INSS:
    • Tramitación dos partes de alta e baixa médica de AT  e EP, ademais dos partes de confirmación, ao Instituto Nacional da Seguridade tanto derivados de continxencias comúns coma de continxencias profesionais.
    • Remisión de certificados de maternidade e/ou paternidade (RECEMA).  

  • Xestión de Autorizacións: permite xestionar CCCs ou NAFs, así como Usuarios Secundarios.

O usuario poderá realizar estas xestións e recibir mensaxes da TGSS dende o seu propio despacho, sen necesidade de desprazarse e sen as limitacións de horario de oficinas.

Polo tanto, o Sistema RED  permitirá axilizar a relación coa Seguridade Social de empresas e despachos, eliminando o circuíto do papel, mellorando a calidade dos datos e evitando esperas nas oficinas da Administración.

Complementary Content
${loading}