Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Convenio especial ordinario

Procedemento


Procedemento de solicitude do Convenio especial ordinario

Información Xeral


Obxecto:

Completar as cotizacións de Xubilación, Incapacidade Permanente, Morte, Supervivencia, Servizos Sociais e Asistencia Sanitaria derivadas de continxencias comúns.

Beneficiarios:

Os traballadores ou asimilados que causen baixa no Réxime no que figuraban encadrados ou que sen causala reúnan determinados requisitos.

Máis información sobre beneficiarios

Impreso:

Modelo TA-0040

Documentación:

Con Carácter xeral:

  • Orixinal e copia do: Documento Nacional de Identidade,Tarxeta de Estranxeiro ou Pasaporte, segundo o caso.
  • Certificado de empresa/s nas que traballou nos últimos 12 meses anteriores á baixa, onde figuren as bases de cotización por continxencias comúns correspondentes a eses 12 meses.
  • Orixinal ou copia da sentenza firme de anulación da pensión ou denegación da pensión (cando proceda).
Onde tramitalo:

Ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ao domicilio do solicitante. Se dispón de certificado dixital pode acceder á Sede Electrónica e remitir telematicamente o modelo de solicitude e a documentación requirida a través do trámite Alta en Convenio Especial, situado na Sede Electrónica da Seguridade Social.

Prazos:

Dous prazos:

  • 90 días seguintes ao cesamento ou situación determinante.
  • Un ano dende o cesamento ou situación que poida dar orixe ao convenio especial.
Efectos:

Producirá efectos, a opción do interesado:

  • Dende a data de presentación da solicitude.
  • Dende a data da situación que determina o convenio especial. (cando a solicitude se realice nos 90 días seguintes a esta data de situación)
Suspensión / Extinción:

Suspensión:

  • Durante os períodos de actividade do traballador que determinen a súa inclusión nalgún dos réximes do Sistema da Seguridade Social.

Máis información sobre suspensión

Extinción:

  • Por quedar o interesado comprendido no campo de aplicación dun Réxime de Seguridade Social, e a base de cotización que corresponda sexa igual ou superior á base de cotización do Convenio Especial.
  • Por adquirir o interesado condición de pensionista por xubilación ou incapacidade permanente.
  • Por falecemento do interesado
  • Por decisión do interesado.

Máis información sobre extinción

Outros datos de interese:
Complementary Content
${loading}