Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Convenio especial de empresarios e traballadores suxeitos a expedientes de regulación de emprego que inclúan traballadores con 55 ou máis anos.

Procedemento

Procedemento Convenio especial de empresario e traballadores suxeitos a expedientes de regulación de emprego que inclúan traballadores con 55 ou máis anos.

Información Xeral


Obxecto:

O convenio ten por obxecto a cobertura de incapacidade permanente, morte e supervivencia derivadas de continxencias comúns, xubilación e servizos sociais e asistencia sanitaria.

Beneficiarios:

Quen estea dentro dun expediente de regulación de emprego con empresas non incursas en procedemento concursal, con 55 ou máis anos que non tivese condición de mutualista o 1 de xaneiro de 1967.

Máis información sobre beneficiarios

Impreso:

Modelo TA-0040-ERE

Documentación:

Orixinal e copia:

  • Do documento de identificación do traballador e do representante da empresa subscritora do convenio.
  • Do expediente de Regulación de Emprego que dá lugar á subscrición do convenio especial.
  • E acreditación do poder de representación do representante legal.
Onde tramitalo:

Ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ao domicilio do solicitante. Se dispón de certificado dixital pode acceder á Sede Electrónica e remitir telematicamente o modelo de solicitude e a documentación requirida a través do trámite Alta en Convenio Especial por Expediente de Regulación de Emprego, situado na Sede Electrónica da Seguridade Social.

Prazos:

Durante a tramitación do expediente de regulación de emprego.

Máis información sobre prazos

Efectos:

Producirá efectos:

  • Dende o día seguinte á baixa no Réxime correspondente.
  • Dende o día seguinte á extinción do dereito á prestación por desemprego.
Requisitos:
  • Figurar incluído no expediente de regulación de emprego
  • O traballador deberá ter 55 ou máis anos de idade
  • Non ter a condición de mutualista ao 1-1-1967
Extinción:

Causas de extinción:

  • Por adquirir o interesado a condición de pensionista por xubilación ou de incapacidade permanente.
  • Por falecemento do interesado.
Outros datos de interese:
Complementary Content
${loading}