Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Convenio especial para a cotización adicional de expedientes de regulación de emprego 76/2000 e 25/2001

Procedemento

Procedemento do convenio especial para a cotización adicional de expedientes de regulación de emprego

Información xeral


Obxecto:

Compensar a perda de nivel de cotización que puidesen sufrir os traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 08-03-2001 e 25/2001, do 31-07-2001.

Beneficiarios:

Os traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego citados, maiores de 50 anos, que se atopen de alta como traballadores conta allea e que experimentasen unha diminución na súa cotización respecto á que lle correspondese de manter os postos de traballo.

Os traballadores que teñan 52 ou máis anos, demandantes de emprego, non ocupados, rexistrados nos Servizos Públicos de Emprego, e que tivesen sido afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/200, do 8 de marzo de 2001 e 25/2001, do 31 de xullo de 2001, e cumpran os requisitos establecidos para ser beneficiarios das medidas previstas.

Máis información sobre beneficiarios

Impreso:

Modelo TA-0040

Documentación:

Solicitude de concesión de axuda dirixida ao Servizo Público de Emprego Estatal.

Onde tramitalo:

Centralizado o trámite na Dirección Provincial de Madrid. Se dispón de certificado dixital pode acceder á Sede Electrónica e remitir telematicamente o modelo de solicitude e a documentación requirida a través do trámite Alta en convenio especial por Expediente de Regulación de Emprego, situado na Sede Electrónica da Seguridade Social.

Prazos:
  • Antes do 05-10-2009 se o traballador xa ten 50 anos o 05-07-2009.
  • 90 días seguintes a facer os 50 anos.
  • 90 días seguintes á entrada en vigor do RD 1783/2011, do 16 de decembro, se é desempregado con 52 anos ou máis.
  • En calquera momento.
Efectos:

Producirá efectos:

  • O 01-03-2008 se o traballador reúne os requisitos o 29-02-2008 e presenta a solicitude antes do 05-10-2009.
  • Data de cumprimento dos 50 anos se se presenta dentro dos 90 días seguintes á entrada en vigor da norma ou cumprimento dos 50 anos.
  • Dende o día en que se fagan os 52 anos de idade, se a solicitude de subscrición se presenta dentro dos noventa días seguintes á data de entrada en vigor polo Real Decreto (18 de decembro) ou, de facerse a devandita idade con posterioridade a esa data, se a solicitude se presenta dentro dos noventa días seguintes a aquel en que o traballador faga esa idade. As solicitudes de subscrición formuladas polos traballadores que o 28-02-2010 xa reuniran os requisitos esixidos no artigo 5.1 de R.D 196/2010, do 26 de febreiro, terán efectos dende a devandita data, sempre que se presenten dentro dos noventa días seguintes á data de entrada en vigor deste Real Decreto.
  • Data de presentación da solicitude.
Extinción:

Extinción:

  • Por adquirir o/a solicitante a condición de pensionista por xubilación ou de incapacidade permanente conforme á normativa de Seguridade Social que resulte aplicable en cada caso.
  • Segundo o caso por causar o/a interesado/a alta ou baixa nun réxime por conta allea da Seguridade Social.
  • Por falecemento do interesado/a.
  • Por decisión do interesado/a, comunicada por escrito á Tesourería Xeral da Seguridade Social, en cuxo caso a extinción do convenio terá lugar a partir do día primeiro do mes seguinte á data da comunicación.
  • Pola perda do dereito ao cobro total ou parcial da axuda no suposto de falta de xustificación de concorrencia dalgunhas das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Máis información sobre extinción

Complementary Content
${loading}