Procedemento de Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez (SOVI)
A continuación preséntase o procedemento xeral.
Que é o Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez (SOVI)?
É un seguro que recoñece pensións de vellez, invalidez e viuvez de carácter imprescritible, vitalicia e de contía fixa ás persoas que cumpran os requisitos esixidos e non teñan dereito a pensión do actual sistema da Seguridade Social, con excepción das pensións de viuvez das que poidan ser beneficiarios.
Que trámites se deben realizar?
- Cubrir o modelo de solicitude da pensión de xubilación, invalidez ou viuvez.
- A documentación persoal e a específica que se indica no modelo de solicitude.
Onde se tramita?
A solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera dos centros de atención e información do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou, no caso dos traballadores do mar, nas direccións provinciais ou locais do Instituto Social da Mariña (ISM).
O recoñecemento do dereito corresponde ao INSS ou ao ISM, se é o caso.
Cando se solicita a pensión e cando se inicia o pagamento?
Vellez: Se a solicitude se presenta nos 30 días seguintes a ter feito os 65 anos, percibirase a partir do día seguinte ao do aniversario. Se a solicitude se presenta despois, percibirase a partir do día primeiro do mes seguinte á súa presentación.
Invalidez: Percíbese a partir do día primeiro do mes seguinte á solicitude.
Viuvez: Se o causante non é pensionista e a solicitude se presenta dentro do ano do falecemento, percíbese dende o día primeiro do mes seguinte ao falecemento; se se presenta despois, recoñécese con efectos retroactivos dun ano. Se o causante é pensionista e se solicita antes de transcorrer 3 meses do falecemento, percíbese a partir do mes seguinte ao falecemento; se se presenta despois, os efectos retroactivos son de 3 meses.
Cando se extingue o dereito á pensión?
Vellez: Por falecemento do pensionista.
Invalidez: Por perder a condición de inválido ou por falecemento.
Viuvez: Por matrimonio, por constituír parella de feito ou por falecemento.