Procedemento de Aprazamentos de débedas
A continuación preséntase o procedemento xeral
Quen pode solicitalo?
O suxeito responsable do pagamento da débeda.
Cando ten que presentalo?
En calquera momento a partir do inicio do prazo regulamentario de ingreso da débeda da que se trate.
Que trámites se deben de realizar?
Deberán presentar os modelos:
- TC 17/10 Solicitude de aprazamento para o pagamento de débedas coa Seguridade Social.
- TC 17/11 Recoñecemento de débedas coa Seguridade Social.
- TC de Liquidación inaprazable.
- TC de Liquidación aprazable.
- TC-2 Relación nominal dos traballadores.
E a documentación solicitada segundo o caso.
Onde se tramita?
Vía presencial
A solicitude dirixirase á Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Administración da Seguridade Social ou Unidade de Recadación Executiva da Seguridade Social en que o empresario ou suxeito responsable do pagamento teña autorizada a conta de cotización ou, no seu defecto, na que teña o seu domicilio.
Vía telemática
Accedendo, con certificado dixital, ao trámite do Rexistro Electrónico da Sede Electrónica: Aprazamento no pagamento de débedas á Seguridade Social.
Cando se dita e notifica a Resolución?
A Administración ditará e notificará a resolución no prazo de 3 meses naturais dende a recepción da solicitude no órgano competente para a súa tramitación.