Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Procedemento de Pensión de viuvez

A continuación preséntase o procedemento xeral.

Que é a pensión de viuvez da Seguridade Social?

É unha prestación económica que consiste nunha pensión vitalicia que se concede a quen tivese vínculo matrimonial ou fose parella de feito coa persoa falecida e reúna os requisitos esixidos.

Que trámites se deben realizar?

  • Cubrir o modelo de solicitude de Prestacións de Supervivencia.
  • A documentación persoal e a específica que se indica no modelo de solicitude.

Onde se tramita?

Pode realizar este trámite a través da Sede Electrónica da Seguridade Social (https://sede.seg-social.gob.es) por correo ordinario ou nun centro de Atención e Información da Seguridade Social, solicitando cita previa nos teléfonos 901 10 65 70/ 91 541 25 30 ou na web www.seg-social.es
Os traballadores do mar deberán presentalo nas Direccións Provinciais do Instituto Social da Mariña (ISM).

O recoñecemento do dereito corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), agás para os traballadores do mar que corresponde ao Instituto Social da Mariña (ISM); cando o falecemento derive de accidente de traballo á Mutua Colaborador coa Seguridade Social.

Cando se solicita a pensión de viuvez e cando se inicia o pagamento?

A pensión solicitarase en calquera momento posterior ao falecemento, non obstante, cando a solicitude se presente fóra dos tres meses seguintes ao falecemento, a pensión aboarase cunha retroactividade máxima de 3 meses á data de solicitude.

Cando a solicitude se presente dentro dos 3 meses posteriores ao falecemento, a pensión aboarase:

Se o falecido se atopaba en alta, en situación asimilada á alta ou non alta, desde o día seguinte á data do feito causante.
Se o falecido era pensionista, dende o día primeiro do mes seguinte á data do feito causante.

Cando se extingue o dereito á pensión?

A pensión de viuvez extínguese:

Por contraer novo matrimonio ou constituír unha parella de feito (salvo excepcións).
Por declaración en sentenza firme de culpabilidade na morte do causante.
Polo falecemento do pensionista.
Por comprobarse que non faleceu a persoa desaparecida.

Complementary Content
${loading}