Seguro escolar
A continuación preséntase o procedemento xeral.
Que é o seguro escolar?
É un Seguro que protexe aos estudantes menores de 28 anos, dende 3º da ESO ata o terceiro ciclo universitario, contra o accidente escolar, a enfermidade ou o infortunio familiar, outorgándolles prestacións médicas, farmacéuticas e económicas, segundo o caso.
Que trámites se deben realizar?
Deberase presentar:
- O modelo de solicitude correspondente.
- A documentación necesaria para acreditar a identidade e as circunstancias determinantes do dereito.
Onde se tramita?
A solicitude e documentación esixidas deberán presentarse en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social.
O recoñecemento do dereito corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).
Cando se solicitan as prestacións sanitarias?
Agás no caso de accidente escolar, as prestacións sanitarias solicitaranse con carácter previo á asistencia.
Que prazo hai para solicitar outras prestacións económicas?
Prestacións derivadas de accidente escolar: 1 ano.
Gastos de enterro, infortunio familiar e outras prestacións económicas: 5 anos.