Procedemento de asignación económica por fillo ou menor acollido a cargo
A continuación preséntase o procedemento xeral.
Que é a asignación económica por fillo ou menor acollido a cargo?
É unha prestación familiar non contributiva que se recoñece por cada fillo a cargo do beneficiario, menor de 18 anos ou maior afectado dunha discapacidade en grao igual ou superior ao 65 %, calquera que sexa a súa afiliación, así como polos menores acollidos en acollemento familiar, permanente ou preadoptivo, sempre que se cumpran os requisitos esixidos. A partir do 1 de xuño de 2020 esta prestación só se poderá solicitar por fillos a cargo acollidos menores de 18 anos, afectados dunha discapacidade de polo menos o 33 % ou maiores afectados dunha discapacidade do 65 %
Que trámites se deben de realizar?
Deberase presentar:
- O modelo de solicitude adecuado a cada suposto.
- A documentación necesaria para acreditar a identidade e as circunstancias determinantes do dereito.
Onde se tramita?
A solicitude e documentación necesaria en cada situación deberá presentarse en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social.
O recoñecemento do dereito á asignación económica é competencia do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).
Cando se inicia a prestación?
O nacemento do dereito producirase o día primeiro do trimestre natural seguinte ao de presentación da solicitude.
Este mesmo criterio aplícase no suposto de variacións familiares que supoñan un incremento na asignación.
Cando finaliza a prestación?
As variacións que produzan a extinción do dereito ou a diminución da asignación non producirán efectos ata o último día do trimestre natural no que se producisen.
Este mesmo criterio aplícase no suposto de variacións familiares que supoñan unha diminución na asignación.