Procedemento de Protección por Cesamento de Actividade
A continuación preséntase o procedemento xeral
Que é a prestación por cesamento de actividade?
É unha protección que comprende o aboamento dunha prestación económica mensual por cesamento de actividade e a cotización á Seguridade Social por continxencias comúns.
Quen pode solicitalo?
Todos os traballadores do Mar por conta propia e Armadores asimilados a traballadores por conta allea que teñan cubertas as cotizacións profesionais e a de cesamento de actividade polo Instituto Social da Mariña.
Que trámites se teñen que realizar?
Deberase cubrir a Solicitude de Prestación por Cesamento de Actividade e acompañarse da documentación acreditativa requirida.
Onde se tramita?
Nas Direccións Provinciais e Oficinas do Instituto Social da Mariña do seu ámbito xeográfico.