Traballadores desprazados
Como norma xeral, os traballadores desprazados están sometidos á lexislación de Seguridade Social do país en cuxo territorio estean a exercer a súa actividade laboral. Agora ben, se se trata dun traslado temporal poden manter a lexislación española de Seguridade Social nos termos e requisitos que se indican a continuación:
Aplícase aos traballadores de calquera nacionalidade.
Desprazamento inicial
Os traballadores por conta allea que exerzan a súa actividade nunha empresa española que os desprace a Andorra para realizar temporalmente a súa actividade alí haberán solicitar ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou ante administracións dela a expedición do correspondente certificado de desprazamento.
Os traballadores por conta propia que se trasladen a Andorra para exercer a súa actividade temporalmente alí deberán solicitar ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou ante administracións dela a expedición do correspondente certificado de desprazamento.
Formulario que se debe tramitar
A empresa ou o traballador por conta propia efectuarán a súa solicitude mediante o modelo TA.200 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social. Desprazamentos iniciais". Tamén deberán cubrir por triplicado e achegar o formulario E/AND.101 "Certificación relativa á lexislación aplicable".
O formulario expedido pola dirección provincial ou administración correspondente certifica que o traballador (por conta allea ou por conta propia) continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento nese país e, en consecuencia, está exento de cotizar á seguridade social andorrana.
Ademais de dispoñer do formulario E/AND.101, estarán provistos do formulario E/AND.28 para exercer o dereito á prestación de asistencia sanitaria en casos de estadía temporal, expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.
Período de autorización
Para os traballadores por conta allea o prazo máximo de duración do desprazamento inicial é de dous anos.
Para os traballadores por conta propia o prazo máximo do desprazamento inicial é dun ano.
Prórroga ordinaria
Se os traballadores por conta allea ou por conta propia teñen que prolongar a súa estadía nese país máis alá do período regulado para o desprazamento inicial, o empresario ou traballador por conta propia deberá solicitar, cunha antelación de tres meses antes da finalización do período autorizado, a prórroga do mantemento da lexislación española de Seguridade Social ante a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
Formulario que se debe tramitar
A solicitude de prórroga deberá efectuarse no modelo TA.202 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social en aplicación do |art. 17 do Regulamento CEE 1408/71 e doutras prórrogas dos Convenios Bilaterais" e acompañarase o formulario E/AND.102 "Prórroga de desprazamento", cuberto por cuadriplicado, para a súa remisión ao outro país.
A expedición deste formulario pola Seguridade Social andorrana acredita que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o período nel autorizado.
Ademais de dispoñer do formulario E/AND.102, estarán provistos do formulario E/AND.28 para exercer o dereito á prestación de asistencia sanitaria en casos de estadía temporal, expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.
Período de autorización
Para os traballadores por conta allea o período máximo da prórroga non poderá superar os cinco anos dende a data inicial do desprazamento.
Para os traballadores por conta propia este período no poderá ser superior a un ano.
Outros desprazamentos
Direccións provinciais ou administracións da Tesourería Xeral da Seguridade Social
Estes serán os órganos competentes para autorizar os desprazamentos do persoal itinerante das empresas de transporte terrestre e aéreo con sede en España e dos transportistas por conta propia que residen en España e que desempeñan a actividade nos dous países.
A empresa ou traballador por conta propia solicitará a expedición do formulario E/AND.101 "Certificación relativa á lexislación aplicable". Xunto a este formulario cuberto por triplicado, debe achegar o modelo TA.201 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social cando se exerce a actividade profesional en máis dun país"
Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais.
Para os desprazamentos de:
-
Os funcionarios españois destinados en Andorra, excluídos os membros do persoal das Misións Diplomáticas e Consulares.
a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais ha expedir o formulario E/AND.101 para toda a duración do desprazamento, a petición do Organismo Público ou do traballador. A empresa, xunto a este formulario cuberto por triplicado, achegará a solicitude TA.200.
Para os desprazamentos de:
-
Os españois que desempeñan a súa actividade nas misións diplomáticas ou oficinas consulares de España en Andorra.
-
O persoal ao servizo privado dos representantes das misións ou oficinas citadas anteriormente
que optan pola lexislación española de Seguridade Social, a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral expedirá o formulario E/AND.103 , "Exercicio do dereito de opción", para toda a duración do desprazamento, a petición do Organismo público ou do traballador, que o presentará en triplicado exemplar.
Outras excepcións
A tramitación das solicitudes doutras excepcións será xestionada pola Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
A empresa ou traballador por conta propia efectuará a súa solicitude mediante o modelo TA.202 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social en aplicación do |art. 17 do Regulamento CEE 1408/71 e doutras prórrogas dos convenios bilaterais".
Dada a conformidade por parte da Seguridade Social de Andorra, a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social expedirá o formulario E/AND.101, que acredita que o traballador continúa sometido á Seguridade Social española durante o período autorizado.