Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Prestacións incluídas no Convenio

Información xeral

O Convenio aplícase ás seguintes prestacións:

En relación con España:

Ás seguintes prestacións de carácter contributivo do Sistema español da Seguridade Social con excepción dos réximes especiais de funcionarios públicos, civís e militares:

    • Prestacións por incapacidade temporal nos casos de enfermidade común e accidente non laboral.
    • Prestacións por maternidade e risco durante o embarazo.
    • Prestacións por incapacidade permanente, xubilación e supervivencia.
    • Prestacións por accidente de traballo e enfermidade profesional.
    • Auxilio por defunción.
En relación con Ecuador:

Ás seguintes prestacións contributivas do Seguro Xeral Obrigatorio a cargo do Instituto Ecuatoriano de Seguridade Social:

    • Subsidio de maternidade.
    • Subsidio de enfermidade.
    • Prestacións do Seguro de Invalidez, vellez e morte (inclúe pensións de supervivencia a viúvas e orfos).
    • Prestacións do Seguro de riscos de traballo.
    • Auxilio de Funerais.
Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:
  • Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio, pódense sumar os períodos de seguro cumpridos en España e en Ecuador.

  • As prestacións económicas de carácter contributivo, agás as de incapacidade temporal, poderanse percibir con independencia de que o interesado resida ou se atope en España ou en Ecuador.

  • Cada país aboará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario. Non obstante, dos primeiros pagamentos da pensión que se lle recoñeza poderase descontar o importe correspondente a aboamentos de prestacións de igual natureza efectuados en cantidade superior á debida polo outro país.
  • As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibila de cada un deles.

Incapacidade temporal, Maternidade e risco durante o embarazo.

As prestacións económicas derivadas de tales continxencias son recoñecidas polo país no que estea asegurado o beneficiario/a, tendo en conta, de ser preciso, os períodos de seguro do outro país, sempre que non se superpoñan.


Incapacidade permanente, Xubilación e Supervivencia

Cada país examinará por separado a solicitude de pensión na forma seguinte:

  • Comprobarase se o interesado alcanza dereito á prestación tendo en conta, unicamente, os períodos de seguro propios sen sumar os do outro país.
  • Así mesmo, calcularase a prestación sumando aos períodos de seguro propios os acreditados no outro país (pensión teórica). Neste suposto, o importe da prestación non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os períodos de seguro cumpridos no país que a outorgue e a suma dos períodos de España e Ecuador (pensión pro rata).

Existe unha excepción para os supostos nos cales a duración total dos períodos de seguro acreditados nun dos dous países sexa inferior a un ano e que por si mesmos non dean dereito a pensión nese país. Se fose necesario, o outro país asumiraos como propios, pero sen aplicar a cláusula "pro rata temporis".

Se os períodos de seguro acreditados en cada un dos dous países non chega a un ano, estes serán sumados polo país no que o interesado reúna os requisitos para acceder á prestación. No suposto de que se teña dereito a esta en ambos os dous países, a devandita prestación só será recoñecida por aquel en que o traballador acredite os últimos períodos de seguro. En ningún destes casos se aplicará a cláusula “pro rata temporis”.

  • Compararanse as prestacións calculadas segundo o indicado nos apartados anteriores e cada país recoñecerá e aboará a prestación que sexa máis favorable ao interesado.

Para o recoñecemento e cálculo da pensión terase en conta:

  • Se a lexislación dalgún dos países  esixe unha duración máxima de períodos de seguro para o recoñecemento dunha prestación completa, cuxa contía está en función dos períodos de seguro, a institución competente dese país terá en conta, nos supostos  de totalización, soamente os períodos de cotización do outro país necesarios para alcanzar dereito a esta pensión. 
  • Cando nos supostos de totalización de períodos se acrediten períodos de seguro voluntarios que se superpoñan con períodos de seguro obrigatorios, tanto a pensión teórica como o importe da prestación económica determinaranse sen ter en conta os períodos de seguro voluntarios.

Non obstante, a contía que resulte aumentarase na medida que corresponda aos períodos de seguro voluntario que non foran computados. Este aumento calcularase de acordo co disposto na lexislación do país conforme á cal se cumpriron os períodos de seguro voluntario.

  • A Institución que calcula a pensión considerará que o traballador se encontra sometido á súa lexislación, se está asegurado no outro país ou recibe unha prestación dese país baseada nos seus propios períodos de seguro. Para o recoñecemento das pensións de supervivencia terase en conta se o falecido se encontraba asegurado ou era pensionista do outro país.
  • Se para o recoñecemento dunha prestación se esixe que algúns períodos de seguro se cumprisen inmediatamente antes do feito causante da devandita prestación, este requisito considérase tamén cumprido se o interesado os acredita no período inmediatamente anterior ao recoñecemento da prestación do outro país.
  • Se a lexislación dun dos países asinantes contén cláusulas de redución, de suspensión ou de supresión da pensión para o caso de pensionistas que exerzan unha actividade laboral, estas seranlles aplicables aínda que a devandita actividade laboral a efectúe no outro país.
  • Se para o recoñecemento da pensión española foi preciso sumar períodos de seguro ecuatorianos, o cálculo desta pensión efectuarase segundo as bases de cotización reais acreditadas polo asegurado en España durante os anos que preceden inmediatamente ao pagamento da última cotización á Seguridade Social española. A contía así obtida incrementarase segundo as revalorizacións establecidas anualmente ata a data do feito causante para as prestacións da mesma natureza.
  • As prestacións ecuatorianas de invalidez, vellez e morte outorgaranse con suxeición ás achegas efectivamente recibidas. A pensión mínima será proporcional ao tempo achegado ao Instituto Ecuatoriano de Seguridade Social. As pensións pro rata non poderán superar a pensión máxima vixente.
  • Para acceder aos beneficios de determinados réximes especiais (por exemplo, traballadores do Mar, Minaría do Carbón) só se terán en conta os períodos do outro país que se tivesen feito en igual profesión ou emprego.
  • No suposto de pensión de xubilación da Seguridade Social española para a que se totalizasen períodos de seguro acreditados en Ecuador, esta totalización utilizarase, igualmente, para determinar a idade na que se pode acceder á pensión.

Accidente de Traballo e Enfermidade Profesional

A prestación será determinada polo país a cuxa lexislación estivese suxeito o traballador na data na que se produciu o accidente ou na que contraeu a enfermidade.

Complementary Content
${loading}