Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Outros datos de interese

• Os períodos de seguro acreditados en calquera dos países, antes da data de entrada en vigor do Convenio, serán tomados en conta para a determinación do dereito ás prestacións que se recoñezan ao seu amparo.

• As pensións e/ou xubilacións liquidadas por un ou os dous países ou os dereitos a pensións e xubilacións denegados antes da entrada en vigor do Convenio poderán ser revisados ao amparo deste a petición dos interesados. O prazo para solicitar a revisión é de dous anos a partir do 1 de marzo de 2006. O dereito hase adquirir desde a data da solicitude, salvo disposición máis favorable da lexislación do país que efectúe a revisión. Non se revisarán as prestacións aboadas que consistiran nunha cantidade única.

• A aplicación do Convenio permite avaliar o dereito a percibir prestacións por continxencias que tiveran lugar con anterioridade á data da súa entrada en vigor. Porén, o aboamento destas non se efectuará, en ningún caso, por períodos anteriores á dita data.

• O presente Convenio garante os dereitos adquiridos ao amparo do Convenio Xeral sobre Seguridade Social do 25 de xuño de 1959 e do Convenio Complementario ao Convenio de Seguridade Social do 2 de maio de 1972.

Complementary Content
${loading}