Valore este contenido
Solicitude de prestacións
As solicitudes de prestacións españolas e peruanas deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado:
En España:
- Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
- asDireccións Provinciais do Instituto Social da Mariña, cando se trate de traballadores incluídos no Réxime Especial de Traballadores do Mar.
En Perú:
- Superintendencia de Banca y Seguros no caso de pensións dos afiliados a unha administradora privada de fondo de pensións.
- Oficina de Normalización Previsional (ONP) no caso de pensións dos sistemas de previsión.
- Seguro Social de Salud (ESSALUD) no caso de prestacións do réxime contributivo da Seguridad Social en Salud.