Solicitude de prestacións
As solicitudes de prestacións españolas e caboverdianas deberán dirixirse á Institución competente do país onde resida o interesado e terán eficacia nos dous países, sempre que o interesado manifeste expresamente ou se deduza da documentación presentada que exerceu unha actividade laboral en ambos os dous países.
Se o interesado ou os seus causantes residen nun terceiro país deberán dirixir a súa solicitude á Institución do país (España ou Cabo Verde) baixo cuxa lexislación aquel estivo asegurado por última vez.
En España:
- Centro de Atención e Información da Seguridade Social máis próximo ao seu domicilio (Instituto Nacional da Seguridade Social) ou
- as Direccións Provinciais do Instituto Social da Mariña, cando se trate de traballadores incluídos no Réxime Especial de Traballadores do Mar
En Cabo Verde:
- O Instituto Nacional de Previsión Social.