Outros datos de interese
Os períodos de seguro acreditados en calquera das dúas Partes antes da entrada en vigor do Convenio teranse en conta para avaliar o dereito a percibir prestacións que estean recoñecidas no devandito convenio.
As pensións que fosen concedidas ou denegadas por unha o ambas Partes antes da entrada en vigor do Convenio, serán revisadas a petición dos interesados. Non obstante, por parte de España non se revisarán as prestacións aboadas consistentes en cantidades a tanto alzado. A petición debe efectuarse nun prazo máximo de dous anos a partir da entrada en vigor deste Convenio.
A aplicación do Convenio permite o exame do dereito a prestacións por continxencias que tivesen lugar con anterioridade á data da súa entrada en vigor, se ben, o aboamento destas non se efectuará en ningún caso por períodos anteriores á súa vixencia.