O novo sistema de cotización para autónomos en 2023
Coa entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2023 do Real Decreto-lei 13/2022 do 26 de xullo de 2022, establécese un novo sistema de cotización para os traballadores por conta propia ou autónomos e mellórase a protección por cesamento de actividade.
A continuación, móstranse os aspectos principais deste novo sistema de cotización.
Comunicación de actividades
Aquelas persoas que inicien a súa actividade por conta propia e tramiten a súa alta, a partir do día 1 de xaneiro de 2023, deberán comunicar todas as actividades que realicen como autónomo á Tesourería Xeral da Seguridade Social.
As persoas que xa figuraran de alta a día 1 de xaneiro de 2023 e realicen máis dunha actividade por conta propia, tamén terán que comunicar todas as súas actividades á Tesourería Xeral da Seguridade Social.
Tanto a alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, coma a comunicación das devanditas actividades, poderanse realizar a través de Importass, Portal da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
Cotización baseada nos rendementos obtidos
Todas as persoas que traballen por conta propia cotizarán á Seguridade Social en función dos seus rendementos netos anuais, obtidos no exercicio de todas as súas actividades económicas, empresariais ou profesionais.
Non cotizarán por rendementos as persoas que formen parte dunha institución relixiosa pertencente á Igrexa Católica, así como, durante o ano 2025, os socios/as de cooperativas incluídos/as no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos que dispoñan dun sistema intercooperativo de prestacións sociais complementario ao sistema público.
Para os efectos de determinar a base de cotización, teranse en conta a totalidade dos rendementos netos obtidos no ano natural, no exercicio das súas distintas actividades profesionais ou económicas, con independencia de que as realicen de forma individual ou como socios/as ou integrantes de calquera entidade, con ou sen personalidade xurídica, sempre e cando non deban figurar por elas en alta como persoas traballadoras por conta allea ou asimilados a estas. O rendemento neto computable de cada unha das actividades exercidas calcularase de acordo co previsto ás normas do IRPF e con algunhas particularidades en función do colectivo ao que pertenzan. Para máis información, consulta Como calculo os meus rendementos?.
Do importe resultante deducirase un 7 por cento en concepto de gastos xerais, agás nos casos en que a persoa traballadora autónoma reúna as seguintes características, onde a porcentaxe será do 3 por cento:
- Administrador/a de sociedades mercantís capitalistas cuxa participación sexa maior ou igual ao 25 por cento.
- Socio/a nunha sociedade mercantil capitalista cunha participación maior ou igual ao 33 por cento.
Para a aplicación da porcentaxe indicada do 3 por cento, abondará con ter figurado noventa días en alta neste réxime especial, durante o período a regularizar, en calquera dos supostos citados anteriormente.
Partindo da media mensual destes rendementos netos anuais, seleccionarase a base de cotización que determinará a cota a pagar.
Anualmente, a Lei de Presupostos Xerais do Estado establecerá unha táboa xeral e unha reducida de bases de cotización que se dividirán en tramos consecutivos de importes de rendementos netos mensuais aos que se asignarán, por cada tramo, unhas bases de cotización máxima e mínima mensual. Na seguinte táboa pódese consultar estes novos tramos de rendementos e as súas correspondentes bases de cotización para os próximos tres anos:
| Tramos de rendementos netos |
2023 Tramos base de cotización Base mínima—Base máxima Euros/mes |
2024 Tramos base de cotización Base mínima—Base máxima Euros/mes |
2025 Tramos base de cotización Base mínima—Base máxima Euros/mes |
|
|---|---|---|---|---|
| 1 | <= 670 € | 751,63 — 849,66 | 735,29 — 816,98 | 653,59 — 718,94 |
| 2 | > 670 e <= 900 € | 849,67 — 900 | 816,99 — 900 | 718.95 — 900 |
| 3 | > 900 e <1.166,70 € | 898,69 — 1.166,70 | 872,55 — 1.166,70 | 849,67 — 1.166,70 |
| Tramos de rendementos netos |
2023 Tramos base de cotización Base mínima—Base máxima Euros/mes |
2024 Tramos base de cotización Base mínima—Base máxima Euros/mes |
2025 Tramos base de cotización Base mínima—Base máxima Euros/mes |
|
|---|---|---|---|---|
| 1 | >= 1.166,7 e <= 1.300 € | 950,98 — 1.300 | 950,98 — 1.300 | 950,98 — 1.300 |
| 2 | > 1.300 e <= 1.500 € | 960,78 — 1.500 | 960,78 — 1.500 | 960,78 — 1.500 |
| 3 | > 1.500 e <= 1.700 € | 960,78 — 1.700 | 960,78 — 1.700 | 960,78 — 1.700 |
| 4 | > 1.700 e <= 1.850 € | 1.013,07 — 1.850 | 1.045,75 — 1.850 | 1.143,79 — 1.850 |
| 5 | > 1.850 e <= 2.030 € | 1.029,41 — 2.030 | 1.062,09 — 2.030 | 1.209,15 — 2.030 |
| 6 | > 2.030 e <= 2.330 € | 1.045,75 — 2.330 | 1.078,43 — 2.330 | 1.274,51 — 2.330 |
| 7 | > 2.330 e <= 2.760 € | 1.078,43 — 2.760 | 1.111,11 — 2.760 | 1.356,21 — 2.760 |
| 8 | > 2.760 e <= 3.190 € | 1.143,79 — 3.190 | 1.176,47 — 3.190 | 1.437,91 — 3.190 |
| 9 | > 3.190 e <= 3.620 € | 1.209,15 — 3.620 | 1.241,83 — 3.620 | 1.519,61 — 3.620 |
| 10 | > 3.620 e <= 4.050 € | 1.274,51 — 4.050 | 1.307,19 — 4.050 | 1.601,31 — 4.050 |
| 11 | > 4.050 e <= 6.000 € | 1.372,55 — 4.495,50 | 1.454,25 — 4.720,50 | 1.732,03 — 4.909,50 |
| 12 | > 6.000 € | 1.633,99 — 4.495,50 | 1.732,03 — 4.720,50 | 1.928,10 — 4.909,50 |
A partir do 1 de xaneiro de 2023 os traballadores autónomos terán a obriga de declarar os seus rendementos previstos a través dos servizos que se encontrarán dispoñibles en Importass, o portal da Tesourería Xeral da Seguridade Social para servizos e trámites online.
Para as persoas traballadoras autónomas que se dean de alta a partir desta data, solicitarase esa información no proceso de alta que se realice a través de Importass.
No caso de que a persoa traballadora autónoma xa estivese dada de alta, poderá modificar a súa base de cotización para axustala á previsión sobre a media mensual dos seus rendementos netos anuais a través do servizo Base de cotización e rendementos.
As persoas traballadoras por conta propia que a 31/12/2022 viñesen cotizando por unha base de cotización superior á que lles correspondería en razón dos seus rendementos estimados, poderán manter en 2025 a devandita base de cotización, aínda que os seus rendementos determinen a aplicación dunha base de cotización inferior.
As persoas traballadoras por conta propia que a 31/12/2022 viñesen cotizando por unha base de cotización superior á que lles correspondería en razón dos seus rendementos estimados, poderán manter en 2025 a devandita base de cotización, aínda que os seus rendementos determinen a aplicación dunha base de cotización inferior.
A base de cotización das persoas traballadoras incluídas no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos e/ou no Réxime Especial dos Traballadores do Mar que, a 1 de xaneiro de 2025, viñesen cotizando pola base máxima do tramo 11 e 12 da táboa xeral para o ano 2024, equivalente a 4.720,50 euros, terán a posibilidade de elixir, con efectos 1 de xaneiro de 2025, calquera base de cotización que se atope comprendida entre a base pola que veñen cotizando (4.720,50 euros) e a base máxima do tramo 11 e 12 da táboa xeral que, para o ano 2025, establece a Orde PJC/178/2025, do 25 de febreiro. (4.909,50 euros).
En Importass hai dispoñible un simulador para realizar o cálculo da cota en función dos rendementos previstos.
As cantidades a ingresar á Seguridade Social, chamadas cotas, calcúlanse aplicando o tipo á base de cotización.
Posibilidade de cambiar a base de cotización se varían os rendementos
- 1 de marzo de 2025, se a solicitude se formula entre o 1 de xaneiro e o último día natural do mes de febreiro.
- 1 de maio de 2025, se a solicitude se formula entre o 1 de marzo e o 30 de abril.
- 1 de xullo de 2025, se a solicitude se formula entre o 1 de maio e o 30 de xuño.
- 1 de setembro de 2025, se a solicitude se formula entre o 1 de xullo e o 31 de agosto.
- 1 de novembro de 2025, se a solicitude se formula entre o 1 de setembro e o 31 de outubro.
- 1 de xaneiro do ano 2026, se a solicitude se formula entre o 1 de novembro e o 31 de decembro.
Novidades nos beneficios aplicables á cotización para autónomos en 2023
-
Bonificación na cotización para autónomos por coidado de menor afectado por unha enfermidade grave.
As persoas autónomas beneficiarias da prestación para o coidado de menores afectados cancro ou outra enfermidade grave terán dereito, durante o período no que perciban a devandita prestación, a unha bonificación do 75 por cento da cota por continxencias comúns, resultante de aplicar a base media dos doce meses anteriores á data en que se inicie esta bonificación, o tipo de cotización para continxencias comúns, excluído o correspondente a IT derivada de continxencias comúns.
Se o traballador leva menos de doce meses dado de alta continuada no Réxime de autónomos, para o cálculo da base media de cotización terase en conta a última data de alta, cuxo resultado se obtén dividindo a suma das bases de cotización entre o número de días nos que estivo dado de alta de xeito continuado, e a contía obtida se multiplica por trinta.
-
Bonificación a traballadoras autónomas por reincorporación á súa actividade
As traballadoras autónomas que cesen a súa actividade por nacemento de fillo/a, adopción, garda con fins de adopción, acollemento e tutela e queiran volver realizar unha actividade por conta propia dentro dos dous anos seguintes á data do cesamento, terán dereito a unha bonificación, durante os 24 meses inmediatamente seguintes á data da súa reincorporación ao traballo, do 80 por cento da cota por continxencias comúns, resultante de aplicar á base media dos doce meses anteriores á data en que cesaron a súa actividade, o tipo de cotización para continxencias comúns, excluído o correspondente a IT derivada de continxencias comúns.
Máis información: Guía de traballo autónomo, folleto informativo e simulador de cotas 2023
Para obter máis información sobre o novo sistema de cotización 2023 consulte a Guía práctica de traballo autónomo.
Pode acceder a este simulador para calcular a cota correspondente ao ano 2023 sobre a base dos rendementos netos previstos. Trátase dun simulador dispoñible na área pública, no que se poderá simular a cota que corresponde aboar cos rendementos netos que a persoa autónoma considere obter ao longo do ano.
Neste folleto informativo recóllense brevemente as principais claves do novo sistema de cotización para autónomos.
Inicio