Convenio especial para cotización por prácticas realizadas antes de 1/01/2024
A Orde ISM/386/2024, do 29 de abril, pola que se regula a subscrición de convenio especial coa Seguridade Social para os efectos do cómputo da cotización polos períodos de prácticas formativas e de prácticas académicas externas reguladas na disposición adicional quincuaxésima segunda do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, realizadas con anterioridade á súa data de entrada en vigor, que foi modificada pola Orde ISM/812/2024, do 26 de xullo, permite a subscrición dun convenio especial coa Seguridade Social coa finalidade de recuperar a cotización polos períodos de prácticas e/ou participación en programas de formación realizados, nos supostos previstos nesta.