Comunicación de documento de identidade de beneficiarios de asistencia sanitaria
Novo servizo na plataforma para solicitudes e trámites de prestacións sen certificado electrónico nin cl@ve
Xa ten dispoñible un servizo sen certificado mediante o que pode achegar o documento de identidade (DNI ou TIE) dos seus beneficiarios para a súa incorporación na base de datos de asistencia sanitaria do INSS.
Pode presentar o documento de identidade do seu beneficiario aínda cando se trate dun menor de 14 anos e debe presentalo a partir do momento en qu e é obrigatoria a súa emisión:
- DNI ao facer os 14 anos.
- TIE dende o inicio da residencia en España.
Para iso, pode acceder ao servizo “Comunicación documento de identificación de beneficiarios en asistencia sanitaria” A través da plataforma “Solicitude e trámites de prestacións da Seguridade Social"E en só dous pasos poderá:
- Descargar e cubrir o formulario.
- Enviar a solicitude.
IMPORTANTE: Este servizo non está previsto para solicitar o cambio dun NIE por un DNI, para o que deberá dirixir a súa solicitude de atención á Tesourería Xeral da Seguridade Social.