Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

ISM NO TEU PETO

Imaxe ilustrativa APP ISM no teu petoA APP para os traballadores do mar.

Accede aos teus trámites co ISM en calquera momento, en calquera lugar.

Aplicación dirixida ás persoas pertencentes ao Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar, deseñada para facilitar a realización de todos os trámites e xestións co Instituto Social da Mariña a través da propia aplicación.

O Instituto Social da Mariña é unha das Entidades Xestoras do Sistema de Seguridade Social español. Atópase adscrita á Secretaría de Estado de Seguridade Social e Pensións e conta cunha regulación específica, sendo a súa norma de cabeceira a Lei 47/2015, do 21 de outubro, reguladora da protección social das persoas traballadoras do sector marítimo-pesqueiro.

Apple Store Google Play

Ligazón a Apple Store

Acceso a Google Play

Esta aplicación permitirache:

  • Acceder a distintos servizos personalizados en función da túa situación no Réxime Especial do Mar:
    • Na área de Sanidade Marítima: Poderás descargar, entre outros, os teus informes médicos e certificados (Certificado Médico de Aptitude para o Embarque, informes médicos, espirometrías, analíticas, etc.), así como, acceder ao servizo de localización de buques hospital.
    • En materia de Seguridade Social: Poderás acceder ao Simulador de xubilación “JUBIMAR” e descargar os teus informes e certificados (vida laboral, situación actual do traballador, COE, datos de cotización, etc.).
    • En canto a Formación marítima e sanitaria: Poderás realizar solicitudes de formación e obter información e tramitar as túas xestións en relación co certificado de formación sanitaria específica.
  • Outros: Tamén poderás solicitar a túa Tarxeta Sanitaria Europea, así como, a dos teus beneficiarios; solicitar cita previa para o recoñecemento médico de embarque marítimo ou para outras xestións que precises realizar nas nosas oficinas, e utilizar o servizo de localización de oficinas.
  • Presentar solicitudes e documentos por Rexistro Electrónico.
  • Utilizar a caixa de correo de consultas, formular as dúbidas que teñas sobre as túas xestións co Instituto Social da Mariña.
  • Acceder aos avisos que recibirás en relación coa caducidade do teu Certificado de Aptitude para o Embarque, de actualización do COE; de recordatorio de novo recoñecemento ou de nova resposta na Caixa de Correo de Consultas.
  • Acceder aos certificados ou informes que descargases previamente a través do menú servizos, para telos dispoñibles en calquera momento e lugar, mesmo cando non dispoñas de conexión a Internet.


Podes acceder a estes vídeos divulgativos para máis información:

Para acceder á aplicación requírese identificación mediante Cl@ve permanente, o que dá acceso a todas as funcionalidades da aplicación, ou vía SMS se o móbil está rexistrado na Seguridade Social. Se non estás rexistrado previamente con Cl@ve permanente, podes realizar o rexistro identificándote mediante DNI electrónico ou certificado dixital, ou presencialmente nunha oficina de rexistro Cl@ve, entre as que se aropan as da Seguridade Social.

Por favor, consulta a seguinte páxina para saber como rexistrarte: http://clave.gob.es/clave_Home/registro.html.


En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Tríptico ISM no teu peto Descargar documento Tríptico ISM no teu peto. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Tríptico ISM no teu peto. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,1284 KB) 03/11/2021
Video divulgativo. ISM en tu bolsillo Descargar documento Video divulgativo. ISM en tu bolsillo. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Video divulgativo. ISM en tu bolsillo. O documento abrirase nunha ventá nova. (MP4,8360 KB) 14/10/2021
Complementary Content
${loading}