Valore este contenido
Axuda do Buscador Avanzado
A páxina do Buscador Avanzado proporciona un formulario que hai que encher segundo o tipo de busca que se desexe.
- Os campos do formulario son os seguintes:
- Todas as palabras: Neste caso buscaranse aqueles contidos que conteñan todas as palabras indicadas neste campo tendo en conta a orde na que foron introducidas.
- Frase exacta Esta nova opción buscará todos aqueles contidos que conteñan a frase deste campo na orde exacta no cal foron introducidas e sen ningunha outra palabra entre elas.
- Algunha das palabras: Con esta opción de busca, preténdese obter todos os contidos que conteñan algunha das palabras introducidas no campo de texto correspondente.
- Ignorar a palabra: Neste último caso, búscanse todos os contidos que non conteñan a palabra que aparece dentro deste campo. A opción de ignorar palabra só se poderá levar a cabo se algunha das tres opcións anteriores contén algún texto válido.
Estas catro opcións de busca poden combinarse entre si, xerando buscas máis precisas.
- Todas as palabras: Neste caso buscaranse aqueles contidos que conteñan todas as palabras indicadas neste campo tendo en conta a orde na que foron introducidas.
- Parámetros para mostrar/filtrar resultados:
- Temas: Poderá acoutar máis a busca seleccionando un ou varios dos temas dentro dos cales quere encontrar resultados. Por defecto buscarase en todos os temas.
- Data publicación: Poderá limitarse a busca tendo en conta a data de publicación do contido, introducindo unha data inicial e outra final. Estas deberán ter o formato dd/mm/aaaa e terá como data límite inicial o ano 1900.
- Orde de resultados: Para facilitar ao usuario a localización de resultados, introduciuse a utilidade de poder ordenalos pola data de publicación, polo título do contido ou pola porcentaxe de coincidencia das palabras buscadas dentro do contido.
- Resultados que hai que mostrar: O número de resultados que se mostrarán por páxina será de 10, aínda que pode variar este valor introducindo un valor entre 5 e 20.
- Documentos binarios: Para incluír os documentos binarios na busca, será necesario seleccionar o checkbox "Incluír na busca os documentos binarios (Impresos, Formularios, etc.)".
- Documentos de normativa: Para excluír os documentos de normativa na busca, será necesario seleccionar o checkbox "Excluír na busca os documentos relativos a normativa".
- Busca en títulos: Para realizar un filtrado de modo que busque unicamente nos títulos dos contidos e non na súa descrición, será necesario seleccionar o checkbox "Mostrar unicamente resultados achados nos títulos".
- Resultados da busca
Nos resultados de busca móstranse os seguintes elementos:- O título do bloque de texto.
- A data de publicación
- A porcentaxe de acerto (*)
- Unha introdución do contido do bloque de texto.
(*) A ordenación por acerto só se aplicará cando a busca se faga por frase exacta.
Dende a pantalla do buscador avanzado, accédese mediante un botón ao buscador simple.