Accesos con Cl@ve a servizos da Sede Electrónica
A Sede Electrónica ofrece acceso aos servizos en liña a través de Cl@ve que é unha plataforma de verificación de identidades electrónicas para a identificación e autenticación dos cidadáns. Entre as súas modalidades de acceso atópase:
Cl@ve Permanente
Está baseado na validación do acceso a través do usuario e contrasinal. Para poder establecer este contrasinal, é necesario dispoñer dun Código de Activación. Este código obtense logo de rexistrarse no sistema, ou ben de forma presencial en calquera oficina de rexistro de Cl@ve, ou ben de forma telemática con certificado dixital incluído na lista de certificados admitidos. Este sistema será ademais o que permitirá o acceso á sinatura na nube.
A través do servizo "Cl@ve: xestión de contrasinais" poderase crear, restablecer, ou modificar o contrasinal, así como darse de baixa para cancelar o usuario e contrasinal.
Unha vez establecido o contrasinal, o usuario identificarase co seu número de DNI ou NIE para acceder aos servizos con acceso "Usuario+contrasinal (Cl@ve permanente)" en Cidadáns e en Empresas.
Cl@ve PIN
É un sistema de contrasinal de validez moi limitado no tempo, orientado a usuarios que acceden esporadicamente aos servizos. Está baseado no uso dunha clave elixida polo usuario e un PIN comunicado mediante SMS ao teléfono móbil deste. Para poder utilizar Cl@ve PIN é necesario rexistrarse previamente no sistema a través de Internet ou presencialmente en calquera Oficina de Rexistro Cl@ve. Para máis información sobre o proceso de rexistro e o seu uso pode consultar a páxina oficial de Cl@ve. Pode consultar a listaxe de servizos dispoñibles con acceso Cl@ve PIN.