Tempos medios de tramitación da prestación inicial de maternidade, por Direccións Provinciais
A prestación económica por maternidade consiste nun subsidio equivalente ao 100 por 100 da base reguladora correspondente.
A xestión e o recoñecemento inicial do dereito á prestación por maternidade corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), agás os traballadores incluídos no campo de aplicación do réxime especial do mar que corresponde ao Instituto Social da Mariña (ISM), os que realizarán o pagamento do subsidio sen que caiba fórmula ningunha de colaboración na xestión por parte das empresas.
Agora ben, dende que se presenta unha solicitude de maternidade polos traballadores afiliados, en alta ou en situación asimilada á alta que reúnan os requisitos regulamentarios, ata que o beneficiario poida dispoñer na súa conta bancaria do subsidio, poden distinguirse varias fases expresadas en días naturais:
-
FASE PRIMEIRA: Recoñecemento da prestación polas Direccións Provinciais do INSS.
-
FASE SEGUNDA: Fiscalización da nómina e validación dos documentos contables polas Intervencións Provinciais do INSS.
-
FASE TERCEIRA: Ordenación do pagamento da nómina polas Direccións Provinciais da TGSS.
-
FASE CUARTA: Tramitación bancaria.
A suma dos días naturais das catro fases dará como resultado o TEMPO TOTAL MEDIO DE TRAMITACIÓN DA PRESTACIÓN POR MATERNIDADE ATA O COBRAMENTO.
-
Documentos | Descarga | Fecha |
---|---|---|
199434 Tempos medios maternidade - Acumulado 2016 |
|
01/06/2017 |
181943 Tiempos medios maternidad - septiembre 2018 |
|
24/10/2018 |