Que se pode xestionar?
Alta no Sistema Especial para Empregados de Fogar.
A través deste servizo formalízase a baixa do empregado de fogar no Sistema Especial para Empregados de Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social.
No trámite da alta deben cubrirse os datos relativos ao exercicio da actividade laboral que faciliten á Tesourería Xeral da Seguridade Social unha información completa sobre esta. Entre outros, debe incluír os datos do empregador (Código de Conta de Cotización [CCC], domicilio, número de conta bancaria onde se domiciliará o ingreso das cotizacións, etc.), do empregado (DNI, Número de Seguridade Social [NUSS], domicilio, etc.) e da relación laboral (data de inicio da actividade, tipo de contrato, retribución do empregado, xornada laboral contratada, etc.).
Baixa no Sistema Especial para Empregados de Fogar.
A través deste servizo formalízase a baixa do empregado de fogar no Sistema Especial para Empregados de Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social, comunicando a finalización da relación laboral.
Variación de datos no Sistema Especial para Empregados de Fogar.
Mediante este servizo é posible comunicar as variacións de datos que se producisen en canto ao tipo de contrato, a retribución, etc. Ademais, o servizo permite corrixir determinados datos que fosen comunicados de forma errónea, facilitando a súa correcta información.
Eliminación de altas/baixas previas de traballadores no Sistema Especial para Empregados de Fogar.
É un servizo adicional que permite anular as altas e as baixas previas no Sistema Especial para Empregados de Fogar. Opera nos supostos nos que o empregado finalmente non inicie a actividade ou conclúa a relación laboral con posterioridade ao previsto inicialmente.
Unicamente pode realizarse a eliminación antes das datas de alta ou baixa comunicadas para o inicio ou a finalización da relación laboral.