Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Consultas

Tema: Restablecemento de prazos

  • Restablecemento de prazos

    • 1. Que supón a restablecemento do cómputo dos prazos dos procedementos administrativos que foron suspendidos na declaración do estado de alarma?
      Categoría: Cuestións sobre situación especial COVID-19 > Tema: Restablecemento de prazos

      O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo,  polo que se declara o estado de alarma, estableceu a suspensión do cómputo dos prazos administrativos a partir do día 15 de marzo. Agora o Real Decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma establece que, con efectos dende o 1 de xuño de 2020, o cómputo destes prazos restablecerase, ou reiniciarase, se así se previñese nunha norma con rango de lei aprobada durante a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas (art. 9). Isto supón que os prazos administrativos suspendidos o día 15 de marzo continuarán computándose a partir do día 1 de xuño, ou se iniciarán novamente cando así o establecese unha norma con rango de lei aprobada durante este período.

      Así mesmo, con efectos dende o 4 de xuño de 2020, alzarase a suspensión dos prazos de prescrición e caducidade de dereitos e accións no ámbito administrativo. (art. 10)

      Accións dispoñibles
    • 2. Que prazos se ven afectados no ámbito da Tesourería Xeral da Seguridade Social por este restablecemento?
      Categoría: Cuestións sobre situación especial COVID-19 > Tema: Restablecemento de prazos

      Os termos e prazos no ámbito dos procedementos de xestión da recadación, restablécense con data  1 de xuño,  no  ámbito administrativo e,  dende o  4  de xuño,  tamén na orde  procesual con relevancia nos procedementos concursais nos que a TGSS é parte.

        Restablécese, polo tanto, a emisión dos seguintes actos administrativos:

      • Reclamacións de débeda
      • Providencias de constrinximento
      • Dilixencias de embargo
      • Calquera outro trámite recadatorio, tanto en vía voluntaria coma executiva.

      Así mesmo, restablécense ou inician todos os prazos relativos ás notificacións dos actos administrativos, tanto telemáticas coma postais.

      Así mesmo, restablécese ou se inicia o cómputo dos prazos para efectuar alegacións, achegar documentación ou interpoñer recursos administrativos, así como xudiciais (estes a partir do día 4).

      Accións dispoñibles
    • 3. É necesario solicitar o restablecemento dos prazos ou se aplica automaticamente?
      Categoría: Cuestións sobre situación especial COVID-19 > Tema: Restablecemento de prazos

      Non é necesario presentar ningunha solicitude, xa que o restablecemento dos prazos se aplica automaticamente de acordo do Real Decreto 537/2020, do 22 de marzo.

      Accións dispoñibles
Complementary Content
${loading}