Categoría:
> Tema:
Considérase que o fillo ou o menor acollido está a cargo do beneficiario, aínda cando realice un traballo lucrativo, por conta allea ou propia, sempre que continúe convivindo co beneficiario da prestación e que os ingresos percibidos por aquel en concepto de rendementos do traballo non superen o 100% do salario mínimo interprofesional vixente en cada momento, en cómputo anual.
Se os ingresos do fillo fosen superiores aos do parágrafo anterior, extinguirase a prestación económica por cesamento na dependencia económica do causante (fillo) respecto do beneficiario.