Axuda
Resolución de pantalla
Estas páxinas foron deseñadas para a súa correcta visualización nun monitor coa resolución axustada a 800 por 600 píxeles ou maior, e con 256 cores (8 bits).
Presentación do web
O web da Seguridade Social presenta as seguintes características:
- Contén unha estrutura de contidos e un sistema de navegación que lle garanten ao usuario a accesibilidade e a facilidade de uso.
- Permite acceder ao contido buscado por diferentes rutas de navegación.
- Unha parte importante da información está agrupada e orientada a distintos perfís de usuarios como, por exemplo, traballadores, pensionistas e empresarios. traballadores, pensionistas e empresarios.
- Amósase a ruta de navegación seguida polo usuario en todos os sitios.
- Existen contidos traducidos a distintas linguas (inglés, francés, castelán, catalán, galego, éuscaro e valenciano) ás que se pode acceder elixindo calquera das opcións no despregable facilitado no ángulo superior dereito da Web.
Estrutura do web
[1] Cabeceira: composta por: o logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o cal enlaza coa Web do Ministerio de Emprego e Seguridade Social; diferentes opcións que tratan de servir de axuda na navegación pola Web; unha ligazón ao contido referente a "Información lingüística"; un despregable para a selección da lingua de navegación e un buscador.
[2] Menú superior de navegación: con ligazóns directas a distintas seccións.
[3] Acceso a información orientada a tres perfís: Traballadores, Pensionistas e Empresarios.
[4] Panel central de pestanas: “Novidades”, “Información útil” e “O máis visitado”.
[5] Lateral dereito: con iconas destacadas e sección “A un clic”.
[6] Iconas destacadas: con acceso directo ás Revistas da Seguridade Social.
[7] Iconas institucionais: amósanse iconas de carácter institucional, con acceso directo ao sitio web que representan.
[8] Pé de páxina: concibida como área participativa, onde se dispón do Aviso Legal do sitio Web, o acceso á subscrición das fontes RSS e se mostran os diferentes logotipos de accesibilidade.
Principais seccións
- Buscador simple e buscador avanzado: presentan a posibilidade de multilinguaxe.
- Mapa Web: amosa como están distribuídos os contidos do portal.
- FAQ e Consultas: seccións que serven para responder ou formular cuestións relativas aos contidos da Web.
- Calendario laboral: amosa as festividades nacionais, autonómicas e locais do ano en curso.
- Enderezos e teléfonos: facilita os datos de contacto (teléfono, enderezo e mapa de localización) das distintas entidades da Seguridade Social (administracións, unidades de recadación executivas, oficinas de rexistro, |etc.).
- O máis visitado: amosa os contidos con maior número de visitas da Web.
- A un clic: Área integrada por ligazóns a contidos situados na Sede Electrónica (Cita previa para pensións e prestacións, Perfil de contratante e Tarxeta sanitaria europea) ou a contidos ou servizos localizados na Web.
- Información relacionada en páxinas interiores: amósanse ligazóns que permiten acceder a páxinas que polo seu contido poden ser de interese.
Ademais, existen seccións específicas que posibilitan realizar os trámites e xestións do usuario coa Seguridade Social, evitando desprazamentos a algunha das oficinas:
- Sede Electrónica: onde se inclúen todos os trámites que o usuario pode realizar telematicamente coa Seguridade Social.
- Formularios e modelos: onde o usuario pode encontrar os formularios ou modelos de solicitude dispoñibles na Web.
- Trámites e xestións: sección que amosa ao usuario os pasos que ha de seguir para realizar os seus trámites e xestións coa Seguridade Social.
- Sistema RED : servizo que ofrece a TGSS a empresas para o intercambio de información e documentos por medios telemáticos.
- Perfil de contratante e poxas e concursos de bens: onde aparece información sobre licitacións convocadas, poxas e compra/venda de inmobles.