Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Cotización e documentación

Cotización


Durante a percepción da prestación o traballador cotizará á Seguridade Social polo 100% do importe da cota que lle corresponde, que se lle descontará da prestación.

Documentación


Documentación a presentar para o recoñecemento da prestación:

  • Solicitude da prestación  no modelo normalizado.
  • Acreditación da situación legal de desemprego por:
    • Cesamento da relación laboral:
      • Certificado/s de Empresa, asinado/s e selado/s da/s empresa/s na/s que traballou durante os 180 últimos días.
      • Acta de conciliación administrativa ou xudicial, ou resolución xudicial.
      • Providencia de opción pola indemnización, en caso de ter reclamado contra o despedimento.
    • Emigrante retornado:
      • Certificación emitida polas Delegacións ou Subdelegacións do Goberno, na que conste a data do retorno e o tempo traballado no país de emigración.
      • Formulario E-301, se se retorna dun país membro do Espazo Económico Europeo, ou formulario de ligazón onde se recollan os períodos traballados nun País co que existe convenio sobre protección por desemprego (Australia ou Suíza).
    • Liberado de prisión:
      • Certificación do Director do centro penal, na que consten as datas de ingreso en prisión e excarceración e a causa desta.
      • Certificado de empresa, se se realizaron traballos durante o período de internamento, nos que se cotizou pola continxencia de desemprego.
    • Outros supostos.
  • Identificación do solicitante e fillos que conviven ou están ao seu cargo que figuren na solicitude, mediante a seguinte documentación orixinal e en vigor:
    • Españois: Documento Nacional de Identidade (DNI).
    • Estranxeiros residentes en España:Para os efectos de identificación: Tarxeta de Identidade de Estranxeiro ou documento identificativo no seu país de orixe se é nacional dun país pertencente ao Espazo Económico Europeo ou Suíza. En todo caso o Número de Identificación de Estranxeiros (NIE).
    • Libro de Familia, ou documento equivalente no caso de estranxeiros.
    • Certificado do grao de discapacidade expedido polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais ou o órgano da Comunidade Autónoma correspondente, ou resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social, do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas ou de Defensa que recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
    • Resolución xudicial ou escrito de formalización do acollemento no que conste o consentimento da Entidade Pública que en cada territorio teña encomendada a protección de menores, e data de efectos do acollemento.
    • Sentenza e/ou convenio regulador, en caso de separación ou divorcio.
  • Identificación dos fillos que non residen en España e acreditación da súa situación laboral:
    • Formulario E-302.
    • Certificación consular ou da embaixada de España no país de residencia, ou certificación do organismo competente nese país sobre a situación laboral dos fillos.
  • Calquera outro que, de acordo coa normativa vixente, indique o ISM como necesario para o recoñecemento da prestación por desemprego en cada caso particular.
Complementary Content
${loading}