Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Concepto

  • Na modalidade contributiva, é incapacidade permanente a situación do traballador que, despois de estar sometido ao tratamento prescrito, presenta reducións anatómicas ou funcionais graves, susceptibles de determinación obxectiva e previsiblemente definitivas, que diminúan ou anulen a súa capacidade laboral. Non obstará a tal cualificación a posibilidade de recuperación da capacidade laboral do inválido, se a devandita posibilidade se estima medicamente como incerta ou a longo prazo.

    As reducións anatómicas ou funcionais existentes na data da afiliación do interesado na Seguridade Social non impedirán a cualificación da situación de incapacidade permanente, cando se trate de persoas con discapacidade e con posterioridade á afiliación tales reducións se agraven, provocando por si mesmas ou por concorrencia con novas lesións ou patoloxías unha diminución ou anulación da capacidade laboral que tiña o interesado no momento da súa afiliación.
  • Na modalidade non contributiva, poderán ser constitutivas de invalidez as deficiencias, previsiblemente permanentes, de carácter físico ou psíquico, conxénitas ou non, que anulen ou modifiquen a capacidade física, psíquica ou sensorial dos que as padecen.
  • A IP haberá de derivarse da situación de incapacidade temporal, agás que afecte os que carezan de protección en canto á devandita IT, ben por encontrarse nunha situación asimilada á de alta que non a comprenda, ben nos supostos de asimilación a traballadores por conta allea nos que se dea a mesma circunstancia, ou ben nos casos de acceso á IP dende a situación de non alta.
Complementary Content
${loading}