Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Avisos ano 2023

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

09/01/2023- Boletín de Noticias RED 1/2023

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 1/2023, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto Lei -RDL-13/2022, do 26 de xullo polo que se establece un novo Sistema de Cotización para traballadores por conta propia ou autónomos e se mellora a protección por cesamento de actividade. Aspectos xerais.
  • RDL 13/2022. Declaración dos rendementos económicos netos.
  • RDL 13/2022. Cambios de base de cotización provisionais para traballadores autónomos.
  • RDL 13/2022. Beneficios na cotización. Art. 31, 31 bis e 32 bis Lei 20/2027. "Tarifa Plana".
  • RDL 13/2022. Beneficios na cotización. Art. 30 Lei 20/2007. Conciliación da vida profesional e familiar ligada á contratación.
  • RDL 13/2022. Beneficios na cotización. Art. 35 Lei 20/2007. Familiares colaboradores.
  • RDL 13/2022. Beneficios na cotización. Art. 36 Lei 20/2007. Ceuta e Melilla.
  • RDL 13/2022. Beneficios na cotización. Art. 36 Lei 20/2007. Familiares do titular da explotación agraria.
  • RDL 13/2022. Beneficios na cotización. Art. 38 Lei 20/2007 Descanso por nacemento, adopción, garda con fins de adopción, acollemento, risco durante o embarazo ou durante a lactación natural.
  • RDL 13/2022. Beneficios na cotización. Art. 38 bis Lei 20/2007. Traballadoras autónomas que se reincorporen ao traballo en determinados supostos.
  • RDL 13/2022. Beneficios na cotización. Art. 38 ter Lei 20/2007. Reducións por inicio dunha actividade por conta propia.
  • RDL 13/2022. Beneficios na cotización. Art. 38 quater Lei 20/2007. Coidado de menor afectado por cancro ou outra enfermidade grave.
  • Real Decreto -RD- 504/2022. Novos datos nas solicitudes de alta. Pluriactividade en actividades por conta propia.
  • RD- 504/2022. Novos datos nas solicitudes de alta. Traballadores por conta propia incluídos conforme ao establecido no artigo 305. 2 LGSS.

  • RD- 504/2022. Datos de empresas colectivas, cargos de conselleiro, administrador ou outros, e porcentaxe de participación no capital social.

  • RD- 504/2022. Clasificación nacional de ocupacións.

  • Lei 12/2022. Reducións por contribucións a plans de pensións de emprego.

  • Lei 28/2022. Bonificación de cotas para traballadores autónomos de empresas emerxentes en situación de pluriactividade.
  • Real Decreto 1060/2022, do 18 de xullo, polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros 365 días da súa duración
  • Nova versión de SILTRA 3.2.0

24/01/2023- Boletín de Noticias RED 2/2023

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 2/2023, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto-Lei 1/2023, do 10 de xaneiro, de medidas urxentes en materia de incentivos á contratación laboral e mellora da protección social das persoas artistas.
  • RDL 1/2023. Incentivos á contratación laboral.
  • RDL 1/2023. Compatibilidade da pensión de xubilación coa actividade artística.
  • RDL 1/2023. Cotización dos artistas con baixos ingresos integrados no RETA.
  • Réxime Xeral. Identificación de traballadores por conta allea con actividade artística. Relación Laboral de Carácter Especial 0800.
  • RDL 1/2023. Art. 36 Lei 20/2007. Bonificacións Ceuta e Melilla.
  • RDL 1/2023. Art. 38 Lei 20/2007. Bonificacións por descanso de nacemento.
  • RDL 1/2023. Art. 153 bis LGSS. Cotización durante a redución ou suspensión por ERTE.
  • RDL 1/2023. DA 44º LGSS. Beneficios na cotización á Seguridade Social aplicables aos Expedientes de Regulación Temporal de Emprego e ao mecanismo RED.
  • RDL 1/2023. DA 47ª LGSS. Reducións por contribucións a plans de pensións de emprego.
  • Corrección de erros BNR 10/2022 e 1/2023. Redución por contribucións a plans de pensións de emprego.
  • RDL 20/2022, do 27 de decembro, de medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucraína e de apoio á reconstrución da illa da Palma e a outras situacións de vulnerabilidade. Illa da Palma. Medidas extraordinarias para traballadores por conta allea.
  • RDL 20/2022. Illa da Palma. Medidas extraordinarias para os traballadores autónomos.
  • LEI 31/2022, do 23 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2023. Artigo 122: Cotización á Seguridade Social.
  • RDL 13/2022: Prestacións de cesamento da actividade para autónomos dun sector de actividade afectado polo mecanismo RED.
  • RDL 13/2022: Prestación de cesamento de actividade pola concorrencia de motivos económicos, técnicos, produtivos ou organizativos determinantes da inviabilidade de proseguir a actividade económica ou profesional.
  • RD 504/2022. Identificación de empresas: Empresas xa existentes.
  • RD 504/2022. Novo servizo "Xestión varias actividades".
  • ORDE ISM/2/2023, do 11 de xaneiro, pola que se modifica a orde ESS/1187/2015, pola que se desenvolve o RD 625/2014, polo que se regulamentan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por IT nos primeiros 365 da súa duración.
  • Adianto do primeiro peche de oficio no mes de febreiro de 2023 no Sistema de Liquidación Directa.
  • Real Decreto 504/2022. Clasificación nacional de ocupacións.

31/01/2023- Peche SLD e RED Directo

Con motivo da implantación de novas funcionalidades, infórmase que o Sistema de Liquidación Directa (servizos on line e remesas) e RED Directo van permanecer pechados dende mañá (día 1 de febreiro) ata, previsiblemente, o día 4 do devandito mes. Informarase oportunamente da apertura destes.

17/01/2023- Nova versión de SILTRA 3.2.0

Infórmase que se publicou unha nova versión de SILTRA (versión 3.2.0).

Lembramos que SILTRA se actualizará automaticamente ao realizar un envío, polo que non é necesario realizar ningunha actualización manual. Non obstante, tamén estará dispoñible para a súa descarga na área de software do aparado de Sistema de Liquidación Directa do Sistema RED.

No apartado "Notas sobre a versión” detállase información sobre as novas funcionalidades da versión 3.2.0. 

02/02/2023- Apoio prolongación actividade fixos descontinuos turismo e comercio e hostalaría vinculados a este.

APOIO PROLONGACIÓN ACTIVIDADE FIXOS DESCONTINUOS TURISMO E COMERCIO E HOSTALARÍA VINCULADOS O MESMO

A disposición adicional centésima vixésima segunda da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021, establece con carácter indefinido, a bonificación do 50 por 100 das cotas empresariais á Seguridade Social por continxencias comúns e conceptos de recadación conxunta de Desemprego, FOGASA e Formación Profesional, correspondentes aos traballadores fixos descontinuos dos sectores do turismo e do comercio e hostalaría vinculados a este, que realicen a súa actividade produtiva durante os meses de febreiro, marzo e novembro de cada ano.

Co fin de posibilitar o cálculo da devandita peculiaridade durante os correspondentes períodos de 2023, infórmase que xa se encontra dispoñible tanto a comunicación da CAUSA PECULIARIDADE COTIZACIÓN 017 no Código de Conta de Cotización, cando proceda, coma a SITUACIÓN ADICIONAL AFILIACIÓN 420 nos rexistros de relacións laborais dos traballadores afectados.

Por último, infórmase que o Real Decreto-Lei 1/2023, de 10 de xaneiro, de medidas urxentes de reforma dos incentivos á contratación laboral e mellora da protección social das persoas artistas, derroga as disposicións adicionais centésimo vixésimo segunda e centésimo vixésimo terceira da Lei 11/2020, de 30 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021 (Medida de apoio á prolongación do período de actividade das persoas traballadoras con contratos fixos-descontinuos nos sectores de turismo e comercio e hostalaría vinculados á actividade turística), con efectos 31-08-2023. Polo tanto, para a aplicación do incentivo correspondente ao mes de novembro/2023 procederase a informar no seu momento mediante o correspondente BNR.


03/02/2023- Apertura SLD e RED Directo

Apertura SLD e RED directo

Unha vez implantadas as novas funcionalidades do Sistema de Liquidación Directa (servizos on line e remesas) e RED Directo, comunícase que xa se encontran operativos os devanditos Sistemas e se van empezar a procesar as liquidacións


23/02/2023- Boletín de Noticias RED 3/2023

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 3/2023, que contén os seguintes puntos:

  • Mecanismo de equidade interxeracional -MEI-.
  • Contratos para a formación e a aprendizaxe e contratos formativos por alternancia.
  • Salario mínimo interprofesional 2023.
  • Nova versión dos ficheiros FDI e FRI.
  • Información sobre cálculo de liquidacións de cotas.
  • Prórroga adiamentos especiais a xuro reducido.
  • Novo servizo de “Consulta/Modificación delegación recepción comunicacións de oficio” en Xestión de Usuarios de Autorizacións RED.

23/02/2023- Clasificación Nacional de Ocupacións (C.N.O.)

CLASIFICACIÓN NACIONAL DE OCUPACIÓNS (C.N.O.)

Segundo BNR 01/2023, do 9 xaneiro 2023, en relación á CLASIFICACIÓN NACIONAL DE OCUPACIÓNS (C.N.O.) comunicábase que:

Por outra parte, poderase utilizar a funcionalidade CAMBIO DE OCUPACIÓN C.N.O. que se describe a continuación, para anotar o dato naquelas altas con FRA comprendida entre o 02.01.2023 e o 14.02.2023, que se mecanizasen sen o novo campo. Neste caso, ao tratarse dunha corrección da alta, a DATA DE CAMBIO debe ser igual á FRA. Estas correccións poderanse realizar ata o 31.03.2023.

Non obstante, infórmase de que se suprimiu temporalmente o prazo límite para a mecanización do dato no campo C.N.O. para relacións laborais en alta cuxa FRA estea comprendida entre o 02.01.2023 e 14.02.2023 permitindo mecanizalo con posterioridade a 31/03/2023 e con independencia de que se confirmase a liquidación.


17/03/2023- Nova versión 6.0 ficheiros FDI/FRI. Nova versión SILTRA 3.3.0

Nova versión 6.0 ficheiros FDI/FRI. Nova versión SILTRA 3.3.0

Como se informa no apartado NOVA VERSIÓN SILTRA 3.3.0., a nova versión de SILTRA que permita o envío e recepción da versión 6.0 do FDI/FRI estará en funcionamento a partir do 11 de abril. Non obstante, dado que dende o 1 de abril se suprime a obriga das empresas de transmitir ao INSS os partes de incapacidade temporal, entre o 1 e o 11 de abril non será necesario que as empresas envíen os partes de confirmación nin os partes de alta a través da versión 5.0 do FDI. Polo que respecta aos datos económicos, poderanse enviar na acción PB ou esperar ao 11 de abril para realizar o seu envío a través da nova acción “DE” da versión 6.0 do FDI.


28/03/2023- Boletín de Noticias RED 4/2023

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 4/2023, que contén os seguintes puntos:

  • Traballadores desprazados. Novo servizo para obtención do formulario PDA1.
  • Nova Funcionalidade Afiliación online: Cambio de NIE por DNI.
  • Nova versión SILTRA 3.3.0
  • Modificación do ficheiro de consulta de traballadores rectificados (CTR).
  • Mecanismo de equidade interxeracional -MEI- Aclaracións.
  • Modificación base reguladora nacemento e coidado do menor
  • Nova versión 6.0 FDI/FRI.
  • Réxime Especial do Mar. Identificación de determinadas persoas traballadoras.

31/03/2023- Boletín de Noticias RED 5/2023

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 5/2023, que contén os seguintes puntos:

  • Orde PCM/313/2023.
  • Real decreto lei 1/2023. Cotización dos artistas con baixos ingresos integrados no Réxime Especial para Traballadores por conta propia ou autónomos.

31/03/2023 - Aviso Peche SLD.

Aviso Peche SLD.
Infórmase de que con motivo da actualización das bases de cotización mínimas como consecuencia da publicación da Orde de Cotización PCM/313/2023, do 30 de marzo, os servizos SLD e RED directo, así como o procesado de ficheiros de cotización, permanecerán pechados dende mañá día 1 ata, previsiblemente, o vindeiro día 4 de abril. Informarase oportunamente do restablecemento do Sistema de Liquidación Directa. Esta parada non afecta os servizos nin as remesas de afiliación.

03/04/2023- Apertura SLD e RED DIRECTO

Apertura servizos SLD e RED DIRECTO

Infórmase que, tras o peche iniciado o pasado sábado, 1 de abril, vaise proceder a abrir os servizos RED Directo e SLD e vanse empezar a procesar os ficheiros ao longo do día de hoxe.


11/04/2023- Nova versión de SILTRA 3.3.0

Nova versión de SILTRA 3.3.0

Infórmase que o vindeiro día 11 de abril se vai publicar unha nova versión de SILTRA (versión 3.3.0).
Lembramos que SILTRA se actualizará automaticamente ao realizar un envío, polo que non é necesario realizar ningunha actualización manual. Non obstante, se a versión instalada é a 3.1.3 ou anterior, deberá descargarse manualmente a actualización que estará dispoñible para a súa descarga na área de software do Sistema RED.
A nova versión inclúe as seguintes funcionalidades:

Ámbito do INSS:

  • Nova acción “DE – Datos económicos”, que se incorpora na táboa T-34.
  • Incorporación das modificacións dos ficheiros FDI/FRI:

- Novo segmento OTD – Outros Datos Traballador, no que se incorpora o novo campo POSTO DE TRABALLO.

- Novo segmento FUN – Descrición de funcións, no que se incorpora o novo campo DESCRICIÓN DE FUNCIÓNS.

- Novos campos DÍAS COTIZADOS ANO ANTERIOR POR HORAS EXTRAS e DÍAS COTIZADOS ANO ANTERIOR POR OUTROS CONCEPTOS, no segmento DEC – Datos Económicos.

Ámbito de Afiliación:

  • Actualización da táboa T-100 – ENTIDADE XESTORA DO PLAN DE PENSIÓNS
  • Novo valor 9 – Migración circular fixos descontinuos, no campo EXCLUSIÓN DE DESEMPREGO/CESAMENTO DE ACTIVIDADE
  • Novo asunto comunicacións masivas: NTBN – Regularización de cotas Seguridade Social.

Ámbito de cotización:

  • Visualización da razón social nos ficheiros de resposta RCA.

Ámbito de Impresión:

  • Posibilidade de poder visualizar todas as accións de varias respostas de ficheiros do INSS á vez.


08/03/2023- Aviso Servizo Telefónico

Aviso Servizo telefónico

Debido a circunstancias alleas a esta Tesourería Xeral, é posible que durante o mércores 8 de marzo o servizo de atención telefónica poida non ser prestado con normalidade. Pregamos desculpen as molestias ocasionadas.


12/04/2023- Nova funcionalidade do Sistema RED “Cambio NIE por DNI”

Nova funcionalidade do Sistema RED “Cambio NIE por DNI”

Comunícase que xa se encontra dispoñible a nova funcionalidade do Sistema RED “Cambio de NIE por DNI”, do que se informaba no BNR 4/02023, do 28 de marzo.
A devandita funcionalidade permite cambiar o identificador daquelas persoas físicas que figuren no Ficheiro Xeral de Afiliación cun Número de Identificación de Estranxeiro, e obtivesen un DNI español. A persoa física cuxo identificador sexa cambiado mediante esta funcionalidade será avisado mediante SMS, sendo informado da posibilidade de consultar os seus datos persoais a través IMPORTASS.
Recórdase que o Manual de usuario se encontra dispoñible na páxina web da Seguridade Social na ruta: Inicio/Información útil/Sistema RED/RED Internet/Documentación RED Internet/Manuales de usuario/Afiliación.


13/04/2023- Categoría profesional Réxime 0112

CATEGORÍA PROFESIONAL RÉXIME 0112

Comunícase que a partir do próximo 20-04-2023 para as altas de traballadores incluídos dentro do Réxime Xeral. Artistas (0112), será obrigatorio comunicar o campo CATEGORÍA PROFESIONAL (T-51).

16/05/2023- Boletín de Noticias RED 7/2023

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 7/2023, que contén os seguintes puntos:

  • Novas situacións especiais de incapacidade temporal por continxencias comúns.
  • Novidades en materia de incapacidade temporal Real Decreto-Lei 2/2023, do 16 de marzo
  • Nova versión 3.0. Ficheiro INSS Empresas (FIEI).


18/05/2023-Anotación opcional do campo Ocupación C.N.O.

Anotación opcional do campo Ocupación C.N.O.

Infórmase que, a partir do 19 de maio, a anotación do dato Ocupación -C.N.O.- será opcional para altas de:

  • Traballadores do réxime 0112
  • Traballadores en CCC con TRL ou Exclusión de cotización da relación laboral 3xx, 75x, 905, 906, 909, 936, 970, 971, 972, 983, 984, 985 e 986.


05/05/2023- Boletín de Noticias RED 6/2023

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 6/2023, que contén os seguintes puntos:

  • Cotización traballadores con contratos formativos en alternancia.
  • Corrección de erros BNR 02/2023. RDL 1/2023. art. 153 bis LGSS. Cotización durante a redución ou suspensión por ERTE.
  • Traballadores desprazados. Novo servizo para a obtención do Formulario PDA1.

24/05/2023- Servizos SEDE. Identificación Empresa e Asignación CCC.

Servizos SEDE. Identificación Empresa e Asignación CCC.

Infórmase que xa se encontran dispoñibles na Sede Electrónica da Seguridade Social, xunto cos manuais correspondentes, os seguintes servizos:


31/05/2023- Aviso peche SLD

Aviso peche SLD

Con motivo da implantación de novas funcionalidades, infórmase que o SLD e RED Directo van permanecer pechados dende mañá (día 1 de xuño) ata, previsiblemente, o día 5 do devandito mes. Informarase oportunamente da apertura destes. Ata ese momento non se iniciará o procesado dos ficheiros.
Esta parada non afecta os servizos nin os ficheiros de afiliación.


02/06/2023- Apertura SLD e RED Directo

Apertura SLD e RED directo

Unha vez implantadas as novas funcionalidades do RED Directo e SLD, comunícase que, ao longo das próximas horas, estarán operativos os devanditos Sistemas e comezarán a se procesar os ficheiros.


15/06/2023- Envío de datos económicos ao INSS nos procesos de incapacidade temporal.

ENVÍO DE DATOS ECONÓMICOS AO INSS NOS PROCESOS DE INCAPACIDADE TEMPORAL

Tal e como se informou no BNR 3/2023, dende o pasado mes de abril, suprimiuse a obriga das empresas de transmitir información ao INSS respecto dos partes de confirmación e de alta. Non obstante, si se mantén a obriga das empresas de remitirlle ao INSS os datos económicos nos partes de baixa e, sempre e cando, exista na base de datos do INSS un parte de baixa que previamente fose comunicado á empresa vía FIEI/FIER.

Para adaptar o envío dos partes de IT polos usuarios do Sistema RED á nova normativa, desenvolveuse unha nova versión –versión 6.0– dos ficheiros FDI e FRI, así como tamén se adaptou o servizo “Incapacidade Temporal Online” do Sistema RED Online. Neste sentido, lémbrase a necesidade de que as empresas lle transmitan ao INSS os datos económicos, incluídos os novos campos “posto de traballo” e “descrición de funcións” co obxectivo de mellorar o control da incapacidade temporal. Así mesmo, é importante que o INSS reciba esta información porque diso depende o seu posterior envío, a través de protocolos informáticos, ás Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social e aos Servizos Públicos de Saúde, entidades tamén competentes para controlar a incapacidade temporal.

Finalmente, infórmase de que o envío dos datos económicos cando se trata de réximes 0521 non se pode comunicar polo FDI ata que se desenvolva unha nova versión de SILTRA que permita o envío desa información. Polo tanto, en tanto se desenvolve a nova versión de SILTRA, os datos económicos dos réximes 0521 débenselle comunicar ao INSS, exclusivamente, a través o servizo “Incapacidade Temporal Online” do Sistema RED Online.


29/06/2023- Boletín de Noticias RED 8/2023

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 8/2023, que contén os seguintes puntos:

  • Xestión colectiva de contratacións en orixe. Exclusión por desemprego.
    Beneficios na cotización. Art. 38 quater Lei 20/2007. Coidado de menor afectado por cancro ou outra enfermidade grave. Cambio de criterio.
  • Pagamento trimestral traballadores autónomos artistas con baixos ingresos. Novo servizo.
  • Sistema Especial para Empregados do Fogar. Bonificacións na cotización pola contratación de coidadores en familias numerosas.
  • Sistema Especial para Empregados do Fogar. Novo servizo de consulta de débitos emitidos.
  • Artigo 153 ter. do TRLGSS: Cotización da persoas pensionistas de xubilación cando realicen actividades artísticas.
  • Contratos formativos en alternancia.
  • Adiamentos especiais a xuro reducido. Artigo 19 Real Decreto-Lei 4/2023, de 11 de maio

06/07/2023- Boletín de Noticias RED 9/2023

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 9/2023, que contén os seguintes puntos:

  • Inclusión no Sistema da Seguridade Social de alumnos que realicen prácticas formativas ou prácticas académicas externas incluídas en programas de formación. Disposición legal.
  • Prácticas formativas ou académicas externas non remuneradas -PFNR-. Tramitación a través do Sistema RED.
  • PFNR: Consulta e asignación do Número da Seguridade Social (NSS).
  • PFNR: Asignación de CCC.
  • PFNR: Inclusión de CCC en autorización ao Sistema Red.
  • PFNR: Altas e Baixas
  • PFNR: Comunicación dos días de prácticas.
  • PFNR: Presentación das liquidacións de cotas.
  • PFNR: Cotas.
  • PFNR: Informes de bases de cotización e informes de vida laboral.
  • PFNR: Acción protectora.
  • PFNR: Compensación de cotas por IT derivada de AT e EP.
  • Prácticas formativas ou académicas externas remuneradas -PFR-.

07/07/2023- Nova versión da aplicación RECEMA

Infórmase de que, a partir do próximo 12 de xullo, estará dispoñible unha nova versión da aplicación RECEMA, situada no sistema RED Online. Esta nova versión permitirá comunicar os certificados de empresa como ata agora.

Así mesmo, publicarase unha nova versión do Manual de usuario Remisión de certificados de nacemento e coidado do menor (Manual de usuario RECEMA) que estará dispoñible, a partir desa mesma data, na seguinte ligazón Manuais de usuario.

Calquera incidencia detectada na aplicación polos usuarios deberá comunicárselle ao Instituto Nacional da Seguridade Social a través da caixa de correo: subsidios.inss-sscc.area-pago-directo@seg-social.es

07/07/2023- Nova versión 3.0 do ficheiro INSS Empresas (FIE)

Infórmase de que a nova versión 3.0 do Ficheiro INSS Empresas (FIE) entrará en funcionamento o vindeiro mércores 19 de xullo. Polo tanto, a partir desa data, os ficheiros FIE recibidos por SILTRA e os descargados a través do servizo FIER do Sistema RED Online axustaranse ao deseño de rexistro da nova versión 3.0 que está á vosa disposición na web de Seguridade Social na seguinte ligazón Instrucciones Técnicas.

Tal e como se informou no BNR 7/2023, as novidades da versión 3.0 do FIE son as seguintes: 

  • Inclúese o novo campo “situacións especiais de IT” na etiqueta DIT para identificar as novas situacións de IT que se establecen na Lei Orgánica 1/2023, do 28 de febreiro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo. Estas situacións especiais poderanse identificar polos valores 01, 02 e 03. Así mesmo, inclúese o valor 04 co fin de identificar os supostos COVID. En concreto, no caso dos valores 01, 02 e 03:
    01. O subsidio aboarase a cargo da Seguridade Social dende o día da baixa no traballo. Non existe posibilidade de recaída. Non se esixe carencia.
    02. O subsidio aboarase a cargo da Seguridade Social, dende o día seguinte ao da baixa no traballo, estando a cargo do empresario o salario íntegro correspondente ao día da baixa. Existe posibilidade de recaída. Non se esixe carencia.
    03. O subsidio aboarase a cargo da Seguridade Social, dende o día seguinte ao da baixa no traballo, estando a cargo do empresario o salario íntegro correspondente ao día da baixa. Existe posibilidade de recaída. Esixirase que a interesada acredite os períodos mínimos de cotización sinalados no artigo 178.1 do TRLGSS, segundo a idade que teña cumprida no momento de inicio do descanso.
  • Inclúese o novo campo “Tipo de asistencia” na etiqueta IT2 que se informará cando se trata de procesos de IT derivados de continxencias profesionais.
  • Inclúese o novo campo “Data de seguinte revisión médica Parte de Baixa” na etiqueta IT2.
  • Elimínase a etiqueta OIT a excepción do campo “data de esgotamento 545 días de IT” que pasa a informarse na etiqueta IT2. Considérase que o resto de información era redundante, posto que xa se envían as comunicacións correspondentes a través de SILTRA ou caixa de correo– para o caso de Autorizacións RED Directo -.
  • Modifícase o autómata eliminando a etiqueta OIT e incluíndo algunhas frechas que son necesarias para considerar toda a casuística.

11/07/2023- Boletín de Noticias RED 10/2023

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 10/2023, que contén os seguintes puntos:

  • Renovación do certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social
  • Corrección erros BNR09/2023. Inclusión no Sistema da Seguridade Social de alumnos que realicen prácticas formativas ou prácticas académicas externas incluídas en programas de formación. Disposición legal.
  • Nova versión 3.0 do ficheiro INSS Empresas (FIE)


12/07/2023- Nova versión de SILTRA 3.3.1

Nova versión de SILTRA 3.3.1


Infórmase que o vindeiro día 12 de abril se vai publicar unha nova versión de SILTRA (versión 3.3.1).

Lembramos que SILTRA se actualizará automaticamente ao realizar un envío, polo que non é necesario realizar ningunha actualización manual. Non obstante, se a versión instalada é a 3.1.3 ou anterior, deberá descargarse manualmente a actualización que estará dispoñible para a súa descarga na área de software do Sistema RED.

A nova versión inclúe as seguintes funcionalidades:

  • A renovación do certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social co que se asinan as notificacións de entrega e as respostas asociadas aos envíos realizados.
  • Unha mellora no proceso de desinstalación de SILTRA de modo que se garantiza o non borrado de información allea a SILTRA nunha desinstalación completa da aplicación.


20/07/2023- Incidencia nova versión da aplicación RECEMA

Incidencia nova versión da aplicación RECEMA


Infórmase de que, debido aos problemas detectados na nova versión da aplicación RECEMA, que se puxo en funcionamento o pasado 12 de xullo, temporalmente e, ata que se solucionen definitivamente todos eles, vaise habilitar de novo a versión anterior de RECEMA, co fin de que se poidan remitir os certificados de nacemento e coidado de menor.

19/07/2023- Aviso Peche SLD

Aviso peche SLD

Infórmase de que, por labores de mantemento e actualización das aplicacións, os servizos SLD permanecerán pechados dende hoxe ás 19:00 horas e previsiblemente ata mañá. Esta parada non afecta ao procesado das liquidacións. Comunicarase por esta mesma vía da apertura dos servizos


21/07/2023- Apertura Servizos SLD

Apertura Servizos SLD

Unha vez implantadas as novas funcionalidades, infórmase de que os Servizos de SLD xa están abertos.


26/07/2023-Fin de medidas derivadas da COVID-19

Fin de medidas derivadas da COVID-19

O pasado día 5 de xullo publicouse no BOE a Orde SND/726/2023, do 4 de xullo, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 4 de xullo de 2023, polo que se declara a finalización da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Co obxectivo de aclarar as medidas que perderon a súa vixencia trala publicación da Orde SND/726/2023, a Dirección Xeral do INSS elaborou un criterio de xestión aclaratorio informando que, a partir do 26/07/2023, decae a vixencia das seguintes medidas relativas ao COVID-19:

- Disposición adicional cuarta da Lei 10/2021, do 9 de xullo.
- Artigo 6 e disposición adicional terceira do Real Decreto-lei 3/2021, do 2 de febreiro.
- Artigo quinto do Real Decreto-lei 6/2020, do 10 de marzo

Como consecuencia do anterior:

1. Todos os procesos de IT con data de baixa anterior ao 26/07/2023, que tivesen sido tratados de acordo coas medidas excepcionais anteriormente indicadas, conservarán a situación inicial ata a súa finalización por algunha das causas legalmente establecidas. A información contida nos partes médicos destes procesos de IT seguirá comunicándose a través do Ficheiro INSS Empresas (FIE) coas seguintes peculiaridades:
- O campo 1090 “Continxencia” da etiqueta DIT irá informado co valor 3 (accidente de traballo).
- O campo 1185 “Data AT/EP” da etiqueta IT2 irá baleiro.
- O novo campo 1172 “Situación Especial de IT” irá informado co valor 4.

2. Todos os procesos de IT con data de baixa do 26/07/2023 en diante, con diagnóstico de infección COVID-19, deixarán de ter a consideración de situación asimilada a accidente de traballo para a prestación económica de incapacidade temporal. A información contida nos partes médicos destes procesos de IT comunicarase a través do FIE coas seguintes peculiaridades:
- O campo 1090 “Continxencia” da etiqueta DIT irá informado co valor 1 (enfermidade común).
- O novo campo 1172 “Situación Especial de IT” irá baleiro.

3. Non obstante, os procesos de IT con diagnóstico de infección COVID-19, con data de baixa do 26/07/2023 en diante, con indicador ‘S’ recaída dun proceso COVID de data anterior manterán consideración de situación asimilada a accidente de traballo, exclusivamente para a prestación económica de incapacidade temporal.

4. Finalmente, deixa de considerarse derivada de accidente de traballo a prestación de incapacidade temporal con diagnóstico de infección COVID-19 que cause, no exercicio da súa profesión, o persoal que presta servizos en centros sanitarios ou sociosanitarios, agás para os casos de falecemento que se rexerán polo previsto no artigo 217.2 do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.


26/07/2023- Boletín de Noticias RED 11/2023

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 11/2023, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto-Lei 1/2023: Incentivos á contratación laboral.
  • RDL 1/2023: Derrogacións e modificacións normativas.
  • RDL 1/2023: Aspectos comúns. Aplicación das bonificacións na cotización.
  • RDL 1/2023. Aspectos comúns. Art.4.1. Inscrición nos servizos públicos de emprego.
  • RDL 1/2023: Aspectos comúns. Control ou verificación dos requisitos obxectivos para o acceso e mantemento das bonificacións.
  • RDL 1/2023: Aspectos comúns. Acreditación da inexistencia de exclusións.
  • RDL 1/2023: Aspectos comúns. Obrigas de mantemento no emprego.
  • RDL 1/2023: Aspectos comúns. Contías e duración das bonificacións.
  • RDL 1/2023: Aspectos comúns. Incompatibilidade e concorrencia de beneficios.
  • RDL 1/2023: Aspectos comúns. Reintegros.
  • RDL 1/2023: Aspectos comúns. Compatibilidade das reducións e bonificacións de cotas de Seguridade Social.
  • RDL 1/2023. Art. 14: Persoas con capacidade intelectual límite.
  • RDL 1/2023. Art. 15: Readmisión tras cesar na empresa por incapacidade permanente total ou absoluta.
  • RDL 1/2023. Art. 16: Mulleres vítimas de violencia de xénero, de violencias sexuais e de trata de seres humanos.
  • RDL 1/2023. Art. 17: Contratos de duración determinada para substitución de persoas traballadores en determinados supostos.
  • RDL 1/2023. Art. 18: Persoas traballadoras substituídas durante as situacións de nacemento e coidado de menor ou a menor, exercicio corresponsable do coidado do menor ou da menor lactante, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural.
  • RDL 1/2023. Art. 19: Cambio de posto de traballo por risco durante o embarazo ou risco durante a lactación natural, ou supostos de enfermidade profesional.
  • RDL 1/2023. Art. 20: Persoas en situación de exclusión social.
  • RDL 1/2023. Art. 21: Persoas desempregadas de longa duración.
  • RDL 1/2023. Art. 22: Persoas vítimas do terrorismo.
  • RDL 1/2023. Art. 23: Contratos de formación en alternancia.
  • RDL 1/2023. Art. 24: Transformación en indefinidos de contratos formativos e de relevo, así como contratacións indefinidas por empresas usuarias de traballadores postos a disposición con contratos de formación.
  • RDL 1/2023. Art. 25: Contratación indefinida ou incorporación como persoa socia en cooperativa ou sociedade laboral de persoas que realizan formación práctica.
  • RDL 1/2023. Art. 26: Formación en alternancia.
  • RDL 1/2023. Art. 27: Contratos predoutorais.
  • RDL 1/2023. Art. 28: Incorporación de persoas traballadoras como socias traballadoras ou de traballo a cooperativas e sociedades laborais.
  • RDL 1/2023. Art. 29: Transformación en fixos-descontinuos de contratos temporais subscritos con persoas traballadoras por conta allea agrarias.
  • RDL 1/2023. Art. 30: Sectores de turismo e comercio e hostalaría vinculados á actividade turística.
  • RDL 1/2023. Art. 31: Persoas contratadas en determinados sectores de actividade e ámbitos xeográficos.
  • RDL 1/2023. DA 1ª: Contratación indefinida de persoas novas con baixa cualificación beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • RDL 1/2023. DA 5ª: Contratación de persoas con discapacidade.
  • RDL 1/2023. DA 6ª: Contratos subscritos por empresas de inserción.
  • RDL 1/2023. DA 7ª: Persoal investigador.
  • RDL 1/2023. DA 9ª: Contratos de duración determinada que se asinen para substitución de traballadoras vítimas de violencia de xénero ou de violencias sexuais.
  • RDL 1/2023. DT 2ª: Relación laboral de carácter especial das persoas penadas nas institucións penitenciarias.

02/08/2023- Apertura SLD

Unha vez implantadas as novas funcionalidades, infórmase que o Sistema de Liquidación Directa xa se atopa operativo. 

31/07/2023- Aviso Peche SLD

Aviso Peche SLD

Con motivo da implantación de novas funcionalidades no Sistema de Liquidación Directa, comunícase que o día 1 de agosto este permanecerá pechado previsiblemente ata as 15:00 horas, tempo durante o cal non se procesarán ficheiros. Aínda que os servizos estarán abertos, aqueles que requiran de resposta en diferido, poderana obter a partir das 15:00 h.
Esta parada non afecta os ficheiros nin os servizos de afiliación, que continuarán abertos.
Informarase por esta mesma vía da apertura dos servizos

21/08/2023- Artistas sector audiovisual (RLCE 0801)

Para os efectos de identificar os artistas, técnicos e profesionais con nacionalidade distinta ás dos Estados da Unión Europea, que entren e permanezan en España para realizar unha actividade temporal no sector audiovisual, sen esixencia de autorización ou permiso de traballo e coa obriga da súa inclusión no Sistema español de Seguridade Social nos supostos nos que non veñan cubertos por un Convenio de Seguridade Social (Orde PCM/1238/2021, do 12 de novembro), infórmase que se habilitou o valor 0801 de RELACIÓN LABORAL CARÁCTER ESPECIAL, coas seguintes regras de xestión:

  • Réxime 0112
  • Contratos de traballo 4xx/5xx
  • FICT igual ou posterior 14-11-2021
  • CCC con TRL 960
  • Anotación por usuarios RED (CNAE09 59xx, 60xx, 74.2, 90xx ou 91xx) ou por usuarios TGSS para calquera CNAE09.

18/08/2023-Incidencia na xeración de ficheiros

En relación coa incidencia na xeración de ficheiros da semana pasada, comunícase que, a partir do vindeiro luns 21 de agosto, se van poñer de novo a disposición dos usuarios as respostas das solicitudes de confirmación que se xeraron o 10/08/2023.

Xa que se trata das respostas que se xeraron nese momento, se posteriormente se realizase algunha actuación, as devanditas respostas estarán desactualizadas.

11/08/2023- Incidencia na xeración de ficheiros

Onte, día 10 de agosto, produciuse unha incidencia na xeración de ficheiros.xml que afectaba tanto a ficheiros de respostas (RES) coma a RNT, DCL, recibos, etc., e que impediu que estes ficheiros puidesen ser tratados por SILTRA.

A incidencia encóntrase actualmente resolta, estanse a enviar as respostas a todos os envíos realizados a partir das 10:00 h do día de onte. 

Os usuarios que se visen afectados pola devandita incidencia, deberán realizar as seguintes actuacións en función do estado da liquidación:

  • Se a liquidación non está confirmada, deberán enviar un Ficheiro de Bases ou Solicitude de Borrador, para obter a resposta correspondente.
  • Se a liquidación está confirmada, e en tanto a Tesourería xere novamente a RNT e os Recibos das liquidacións afectadas, os usuarios poderán:
    • Se unicamente se quere obter o Recibo de liquidación de cotizacións para facer efectivo o pagamento, poderá solicitarse a través do Servizo de Consulta e Obtención de Duplicados.
    • Se se queren obter tanto o Recibo coma a RNT, deberá solicitarse a rectificación da liquidación e confirmarse novamente.

30/08/2023- Aviso Peche de SLD

Peche de SLD

Con motivo da implantación de novas funcionalidades no Sistema de Liquidación Directa, comunícase que o día 1 de setembro este permanecerá pechado previsiblemente ata as 14:00 horas, tempo durante o cal non se procesarán ficheiros. Aínda que os servizos estarán abertos, aqueles que requiran de resposta en diferido, poderana obter a partir das 14:00 h.
Esta parada non afecta os ficheiros nin os servizos de afiliación, que continuarán abertos.
Informarase por esta mesma vía da apertura do SLD.


30/08/2023- Nova versión de SILTRA 3.4.0

Nova versión de SILTRA 3.4.0

A partir do vindeiro 31 de agosto publicarase a nova versión de SILTRA 3.4.0. Lémbrase que a última versión de SILTRA dispoñible é a versión 3.3.1.
Para aqueles usuarios que estean actualizados a unha versión 3.1.4. ou posterior a descarga será automática. Aqueles cunha versión anterior deberán actualizar á nova versión de forma manual.

MODIFICACIÓNS NO ÁMBITO DE AFILIACIÓN:

  • Adaptación á entrada en vigor, o vindeiro 01.09.2023, do Real Decreto-Lei 1/2023, do 10 de xaneiro, de medidas urxentes en materia de incentivos á contratación laboral e mellora da protección social das persoas artistas.
    • Novo campo Expediente Casia para as altas e modificacións de contrato
    • Novos valores do campo BENEFICIOS
      • 16 –Beneficiario SNGX baixa cualificación
      • 17 – Ceuta e Melilla
      • 18 – Formación práctica Cooperativa-Sociedade laboral
    • Actualización da táboa T-37 – RELACIÓN LABORAL DE CARÁCTER ESPECIAL
    • Actualización da táboa T-39 – CAUSA DE SUBSTITUCIÓN
    • Actualización da táboa T-83 – EXCLUSIÓN SOCIAL/VÍTIMAS
    • Actualización da táboa T-97 – VÍNCULO FAMILIAR
    • Nova táboa T-101 – INCAPACITADO READMITIDO/CAPACIDADE INTELECTUAL LÍMITE
  • Modificación da xestión das accións MSA e ESA, para a Situación Adicional 439, pasando o campo ENTIDADE XESTORA a ser un dato obrigatorio para as dúas accións.
  • Novo asunto comunicacións masivas:
    • NTBO – Incumprimento requisito inscrición nos servizos públicos de emprego.


30/08/2023- Boletín de Noticias RED 12/2023

Atópase dispoñible, na área de Noticias RED, o Boletín de Noticias RED 12/2023, que contén os seguintes puntos:

  • Entrada en vigor do RDL 1/2023. Incentivos á contratación laboral.
  • Orde PCM/1238/2021. Artistas do sector audiovisual. Nova Relación Laboral de Carácter Especial.
  • Nova versión SILTRA 3.4.0

01/09/2023- Novo servizo ACRA – Alta e Consulta de Incidencias Acredita

Novo servizo ACRA – Alta e Consulta de Incidencias Acredita

Co obxectivo de facilitar e mellorar a xestión das incidencias ACREDITA que se xeran no Sistema de Liquidación Directa, infórmase de que a partir do luns 4 de setembro estará dispoñible no Sistema RED Online o novo aplicativo ACRA – Alta e Consulta de Incidencias Acredita.

A través deste novo servizo, o usuario da autorización RED, poderá dar de alta incidencias acredita do tipo IT (Incapacidade Temporal), NYCM (Nacemento e Coidado do menor), RE (Risco durante o embarazo), RL (Risco durante a lactación), CL (Corresponsabilidade durante a lactación) e CM (Coidado do menor afectado por cancro), dun xeito máis áxil e eficaz. Así mesmo, o usuario tamén poderá consultar o estado das incidencias presentadas.

Durante o mes de setembro, manteranse dúas vías para xestionar as incidencias, por un lado, o novo aplicativo ACRA e, por outro lado, as caixas de correo acredita provinciais; e será a partir do 1 de outubro, cando a presentación e resolución das incidencias acredita xa deberá ser realizada exclusivamente a través do servizo ACRA do Sistema RED Online.

Finalmente, infórmase que o manual de usuario da aplicación atópase publicado na web da Seguridade Social na seguinte ligazón Manuales de usuario.


01/09/2023- Incidencia na actualización automática de SILTRA

Incidencia na actualización automática de SILTRA

Detectouse un problema coa actualización automática de SILTRA que provoca que SILTRA non se poida actualizar á versión 3.4.0. Estase a traballar para solucionar a incidencia o antes posible. Mentres tanto, para actualizar SILTRA á nova versión 3.4.0 será necesario facer a descarga manual da web da Seguridade Social.

A actualización para a descarga manual atópase na seguinte ruta: Sistema RED\Sistema de Liquidación Directa\Software\SILTRA.


01/09/2023- Apertura SLD

Apertura SLD

Unha vez implantadas as novas funcionalidades, infórmase de que o Sistema de Liquidación Directa xa se atopa operativo.


04/09/2023- Resolución de incidencia na actualización automática de SILTRA

Resolución de incidencia na actualización automática de SILTRA
A incidencia que impedía que SILTRA se puidese actualizar á versión 3.4.0 xa foi resolta, polo que é posible a descarga automática.

05/09/2023- Incidencias implantación RDL1/23

Incidencias implantación RDL1/23

Con motivo da implantación do RDL1/23, producíronse as seguintes incidencias:

  • Rexeitamento de movementos cos erros 7899* INCAP.READM./CAP.INTE.LIM. VALOR INCORRECTO OU NON PERMITIDO e 7196* EXPEDIENTE CASIA ERRÓNEO OU NON ENCONTRADO.
    En ambos os dous casos, trátase dun problema co formato dos campos. O rexeitamento pódese arranxar mediante Corrección de erros, que xera un novo ficheiro poñendo ambos os dous campos con caracteres en branco.
    Se se fai mediante a transacción online, no caso do erro 7899 pareceralles o campo en branco en pantalla, pero internamente terá un N, polo que debe xerarse un ficheiro novo para que ese N se transforme nun branco; no caso de erro 7196, na pantalla aparecerá o campo correspondente a Expediente Casia a ceros e debe borrarse para deixar o campo baleiro, e xerar un novo ficheiro.
    Non obstante o anterior, xa se adaptou o sistema para que se acepten os movementos nos que estes campos veñan tanto con contido a ceros ou coma con caracteres en branco.
  • Rexeitamento de movementos de alta que levasen no campo CONDICIÓN DESEMPREGADO o valor “L”, rexeitando o movemento polo erro A4740* O TIPO DE CONTRATO NON ADMITE ESE VALOR DE COND. DESEMPREGADO. A incidencia solucionouse ás 09:56 h do venres 01-09-2023, polo que se viron afectadas por ela a consolidación de movementos previos e a primeira remesa dese venres.
    • Respecto dos movementos previos, non é necesario realizar ningunha actuación, posto que ao estar resolta a incidencia, na consolidación do día seguinte se procesaron correctamente.
    • En relación aos movementos da primeira remesa rexeitados polo erro indicado, deberase proceder a realizar unha corrección de erros, ben pola transacción online ou ben mediante o envío dun ficheiro CFA, cos mesmos datos do movemento inicial, posto que os devanditos datos son correctos.


13/09/2023- Incidencias Acredita do Réxime Especial dos Traballadores do Mar

Incidencias Acredita do Réxime Especial dos Traballadores do Mar

Infórmase que, polo momento, todas as incidencias acredita relativas a traballadores incluídos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar seguiranse a comunicar a través das caixas de correo acredita da Dirección Provincial do Instituto Social da Mariña correspondente e non será posible a súa presentación a través do novo servizo ACRA. Recórdase que estas caixas de correo están publicadas na páxina web da Seguridade Social na seguinte ligazón Caixas de correo Acredit@ ISM.


18/09/2023- Peche temporal Servizo RED: “Alta de usuario secundario”

Peche temporal Servizo RED: “Alta de usuario secundario”

Comunicámoslles que, por razóns técnicas, o Servizo de Alta de usuario secundario na oficina virtual do Sistema RED estará temporalmente pechado. Por este medio, comunicarase a súa apertura.


22/09/2023- Apertura Servizo RED: “Alta de usuario secundario”

Apertura SERVIZO RED: “Alta de usuario secundario”

Unha vez emendadas as incidencias que motivaron o peche temporal do Servizo de Alta de usuario secundario na Oficina virtual do Sistema RED, comunícase que xa se restableceu o Servizo.


22/09/2023- Peche SLD e RED Directo

Peche SLD e RED Directo

Infórmase que, por labores de mantemento e actualización, os servizos de SLD e RED Directo van permanecer pechados dende as 07:00 h ata as 09:30 h do sábado 23 de setembro.

27/09/2023- Peche SLD e RED Directo

Peche de SLD e RED Directo

Con motivo da implantación de novas funcionalidades, infórmase que os servizos en liña do Sistema de Liquidación Directa e RED Directo van permanecer pechados dende o día 30 de setembro (dende as 20:00 h) ata, previsiblemente, o día 3 de outubro a mediodía. Informarase oportunamente da apertura destes.
Esta parada non afectará a recepción de ficheiros de cotización, pero si ao seu procesamento, polo que non se remitirán respostas ata a reapertura.
Esta parada non afecta ao ámbito de afiliación.

03/10/2023- Apertura SLD e Red Directo

Apertura SLD e RED Directo
Unha vez implantadas as novas funcionalidades, infórmase de que os servizos en liña do Sistema de Liquidación Directa e Red Directo xa se atopan operativos.

29/09/2023- Aviso Servizo telefónico

Aviso Servizo telefónico


Debido a circunstancias alleas a esta Tesourería Xeral, é posible que durante o luns 2 de outubro o servizo de atención telefónica poida non ser prestado con normalidade. Pregamos desculpen as molestias ocasionadas.

06/10/2023- Nova versión do servizo FIER – Consulta e Descarga do Ficheiro INSS Empresas

Nova versión do servizo FIER – Consulta e Descarga do Ficheiro INSS Empresas

Infórmase que dende hoxe está en funcionamento unha nova versión do servizo FIER que inclúe as seguintes melloras:

  • Novo tipo de busca por “Autorizado RED”. Esta opción permite ao usuario da Autorización RED descargar, dunha soa vez, o FIE de todos os CCC/NAF que dependan desa autorización, sen necesidade de introducilos manualmente.
  • Ampliación do número máximo de rexistros que se poden descargar. A anterior versión só permitía descargar un máximo de 300 rexistros e, a partir de agora, o servizo FIER permitirá a descarga de 6.000 rexistros como máximo. Non obstante, se a consulta devolve resultados que son menores que 6.000, pero maiores que 3.000, por limitacións do número de rexistros que se poden mostrar no ficheiro Excel (está limitado a 3.000) ao premer o botón “Descargar”, na sección Documentación que aparece na parte superior, mostraranse dúas ligazóns en vez dun denominados “FICHEIRO FIE 1” e “FICHEIRO FIE 2”. O primeiro conterá os primeiros 3.000 rexistros e o segundo o resto.

Recórdase que o servizo FIER permite a calquera usuario dunha autorizado RED descargar en formato Excel o Ficheiro INSS Empresas. En www.seg-social.es, no apartado Sistema Red/ INSS/ Manuais de usuario pódese consultar o Manual de usuario do FIER actualizado


16/10/2023- Boletín de Noticias RED 13/2023

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 13/2023, que contén os seguintes puntos:

  • RDL 1/2023: Plan de igualdade para o acceso á aplicación de reducións e bonificacións de cotas da Seguridade Social.
  • RDL 1/2023: Actualización do contido do BNR 11/2023.
  • Cotización de alumnos que realizan prácticas formativas non remuneradas (D.A. 52ª LGSS): Períodos en situación de incapacidade temporal derivada de continxencias profesionais, ou situacións de nacemento e coidado do menor, risco durante o embarazo ou durante a lactación natural.
  • Cotización de alumnos que realizan prácticas formativas non remuneradas (D.A. 52ª LGSS): Modalidade Remesas
  • Orde ISM/835/2023. Desprazamentos ao estranxeiro de persoas traballadoras ao servizo de empresas que exercen a súa actividade en territorio español.
  • Servizo ACRASS – Alta e consulta de incidencia Acredita.
  • Servizo de resposta ao mandamento de embargo dirixido á persoa ou entidade pagadora.


19/10/2023- Atraso da execución dos peches de DC e primeiro peche de oficio de SLD

Atraso da execución dos peches de DC e primeiro peche de oficio de SLD

Infórmase que, como consecuencia de actualizacións de mantemento do Sistema Red, se vai atrasar o peche de cargo en conta un día, pasándose a realizar o día 24 (noite do 23 ao 24). Así mesmo, vaise atrasar o peche de oficio, procedéndose a realizar o día 25.” Como consecuencia diso:

  • Para CCC con modalidade de cargo en conta, amplíase o prazo ata as 23:59 horas do día 23.
  • O primeiro peche de oficio executarase o día 25. Entrarán a este primeiro peche as liquidacións presentadas ata as 23:59 horas do día 24. Os recibos empezaranse a enviar a partir do día 25.
  • Non se poderá solicitar o cálculo parcial da liquidación ata o día 25, unha vez finalizado o primeiro peche.

23/10/2023- Boletín de Noticias RED 14/2023

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 14/2023, que contén os seguintes puntos:

  • Servizos de solicitude e de consulta de certificados e informes de débeda.
  • RDL 1/2023. Fase de implantación.


31/10/2023- Boletín de Noticias RED 15/2023

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 15/2023, que contén os seguintes puntos:

  • Orde ISM/835/2023, do 20 de xullo, pola que se regula a situación asimilada á de alta no sistema da Seguridade Social das persoas traballadoras desprazadas ao estranxeiro ao servizo de empresas que exercen a súa actividade en territorio español.
  • Artigo 15 TER. LGSS: Cotización das persoas pensionistas de xubilación cando realicen actividades artísticas.
  • Sede Electrónica da Seguridade Social "Servizo Empresario Colectivo. Identificación empresa e asignación de CCC" Novo Informe Datos Empresa e Persoas vinculadas.


31/10/2023- Peche CASIA

Aviso Peche CASIA
Por labores de mantemento e actualización da aplicación, o Servizo de Atención e Soporte ao Autorizado (CASIA) permanecerá pechado dende as 15:00 horas do martes 31 de outubro ata primeira hora da mañá do xoves 2 de novembro.

27/10/2023- Peche de SLD

Peche de SLD

Con motivo da implantación de novas funcionalidades no Sistema de Liquidación Directa, comunícase que este permanecerá pechado dende o día 31 ata o día 2 de novembro (previsiblemente ata as 14:00 h).
Esta parada non afectará a recepción de ficheiros de cotización, pero si ao seu procesamento, polo que non se remitirán respostas ata a reapertura.
A parada non afecta os ficheiros nin os servizos de afiliación, que continuarán abertos.
Informarase por esta mesma vía da apertura do SLD.


02/11/2023- Apertura SLD

Apertura SLD
Unha vez implantadas as novas funcionalidades, infórmase de que o Sistema de Liquidación Directa xa se atopa operativo.

29/11/2023- Peche de SLD

Peche de SLD

Con motivo da implantación de novas funcionalidades no Sistema de Liquidación Directa, comunícase que o día 1 de agosto este permanecerá pechado previsiblemente ata as 14:00 horas, tempo durante o cal non se procesarán ficheiros. Aínda que os servizos estarán abertos, aqueles que requiran de resposta en diferido, poderana obter a partir das 14:00 h.

Esta parada non afecta aos ficheiros nin aos servizos de afiliación, que continuarán abertos.

Informarase por esta mesma vía da apertura de SLD


13/12/2023- TRL 993. Altas e baixas de alumnos que realizan prácticas formativas non remuneradas.

TRL 993. ALTAS E BAIXAS DE ALUMNOS QUE REALIZAN PRÁCTICAS FORMATIVAS NON REMUNERADAS.

A partir do 15 de decembro estará dispoñible a posibilidade de mecanizar as altas e baixas dos alumnos en prácticas non remuneradas- en CCC con TRL 993- PRÁCTICAS NON RETRIBUÍDAS. Recórdase que a FRA deberá ser igual ou posterior a 01-01-2024, data de entrada en vigor da disposición adicional 52ª LGSS.

A través do Sistema RED, na modalidade en liña, a funcionalidade Altas sucesivas e baixas realizará de forma correcta os controis pertinentes para a admisión das altas.

Na modalidade de remesas, ata que non se publique a versión 3.5.0 de SILTRA, prevista para o 10-01-2024, ao validar os ficheiros AFI na versión 3.4.0 emitiranse erros esixindo o Grupo de cotización, o contrato e, no seu caso, a C.N.O. Os devanditos erros deberán ignorarse e enviar o ficheiro, que será procesado e aplicado sen os devanditos erros sobre o Ficheiro Xeral de Afiliación.

19/12/2023- Modificacións no ámbito do INSS

MODIFICACIÓNS NO ÁMBITO DO INSS

  • Acción “DE” para os traballadores do Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA).

    A partir da entrada en funcionamento da nova versión de SILTRA 3.5.0, prevista para o 10 de xaneiro de 2024, vaise admitir a acción “DE (Datos económicos)” para os traballadores do Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA).
    Para este réxime, a acción DE levará asociados os seguintes campos do ficheiro FDI:

    CAMPO SEGMENTO OBRIGATORIO/CONDICIONAL
    NAF EAU O
    IPF EAU
    O
    RÉXIME EAU
    O
    Posto de traballo ODT O
    Acción DIT O
    Continxencia DIT
    O
    Data baixa DIT
    O
    Data de AT e EP DIT
    C
    Modalidade de contrato ODI C
    Base de cotización DEC C
    Suma bases de cotización DEC C
    Días cotizados/mes DEC C
    Suma días cotizados DEC C
    Ocupación C.N.O. ODI C
    Descrición de funcións FUN O

Validacións

  • Se non se cumpren os campos sinalados como obrigatorios (NAF, IPF, RÉXIME, POSTO DE TRABALLO, ACCIÓN, DATA BAIXA, CONTINXENCIA e DESCRICIÓN DE FUNCIÓNS) ou non se inclúe o segmento DEC, SILTRA non vai permitir o envío do ficheiro.
  • Se non se cumpren os campos condicionais Modalidade de contrato e Ocupación C.N.O., SILTRA dará un erro, pero permite o envío do ficheiro.
  • Modificacións na validación dos campos POSTO DE TRABALLO e DESCRICIÓN DE FUNCIÓNS, en vigor a partir do 10.01.2024

Ambos os dous campos se incluíron para as accións PA e PB para RETA.
Ademais, serán obrigatorios para todos os réximes, de forma que se non se inclúen, SILTRA non permitirá o envío dos ficheiros.

Posto de traballo
Debe levar contido, de polo menos 4 caracteres e non se permitirá que se encha só con números ou símbolos.
Descrición de funcións
Debe levar contido, de polo menos 15 caracteres e non se permitirá que se encha só con números ou símbolos.

No apartado Sistema RED/INSS/Instrucións Técnicas, encóntranse dispoñibles as versións actualizadas dos ficheiros FDI e FRI, coas modificacións resaltadas sobre fondo gris.


20/12/2023- Aviso traballadores desprazados ao estranxeiro

ORDE ISM/835/2023, DO 20 DE XULLO, POLA QUE SE REGULA A SITUACIÓN ASIMILADA Á DE ALTA NO SISTEMA DA SEGURIDADE SOCIAL DAS PERSOAS TRABALLADORAS DESPRAZADAS AO ESTRANXEIRO AO SERVIZO DE EMPRESAS QUE EXERCEN A SÚA ACTIVIDADE EN TERRITORIO ESPAÑOL.   

Como continuación do informado no pasado BNR 15/2023 en relación á Orde ISM/835/2023, do 20 de xullo, pola que se regula a situación asimilada á de alta no sistema da Seguridade Social das persoas traballadoras desprazadas ao estranxeiro ao servizo de empresas que exercen as súas actividades en territorio español, infórmase de que está dispoñible a anotación das SAA 150- suposto establecido no art.3.a- e 151-suposto establecido no art.3.b-.

Desprazamentos iniciados a partir da entrada en vigor da Orde ISM/835/2023, do 20 de xullo.
As empresas que despracen traballadores a partir da entrada en vigor da Orde, deberán proceder á identificación dos devanditos traballadores mediante as SITUACIÓNS ADICIONAIS -SAA- 150 e 151, a través do Sistema RED.
Será necesario manter a alta do traballador no CCC durante a situación asimilada á alta, así como identificar a través da correspondente SAA:

  • DATA DENDE. Data inicio do desprazamento. Obrigatorio.
  • PAÍS. País ao que se realiza o desprazamento. Obrigatorio.
  • DATA ATA. Data prevista, se é o caso, de finalización do desprazamento.

Inicialmente será un dato opcional. Non obstante, será obrigatorio comunicar unha data fin prevista no prazo de seis meses dende que se produza o desprazamento. Se se tivese anotado inicialmente a SITUACIÓN ADICIONAL sen contido en DATA ATA, deberá corrixirse a SITUACIÓN ADICIONAL no devandito prazo para informar da data fin prevista de desprazamento. Igualmente deberá corrixirse a DATA ATA cando se dese un cambio na data prevista de finalización do desprazamento

Desprazamentos iniciados con anterioridade a partir da entrada en vigor da Orde ISM/835/2023, do 20 de xullo.
De conformidade coa Disposición transitoria única, as empresas que conten con persoas traballadoras desprazadas ao estranxeiro que, na data de entrada en vigor desta orde, se atopen na situación considerada no artigo 3.b deberán comunicar o devandito desprazamento á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, no prazo de seis meses contados dende a entrada en vigor desta orde.
A devandita comunicación deberá realizarse a través de CASIA mediante o trámite:

Materia: Afiliación, Altas e Baixas/ Categoría: Anotación Traballadores desprazados / subcategoría: OM ISM 835/2023 DISPOS.TRANSITORIA ÚNICA.

O desprazamento do traballador quedará identificado mediante as SAA 151- TRAB.DESPRAZADO NO ÁMBITO SUBX.INST.INT.

Implantación.
Ademais de anotación das SAA 150 e 151, encóntrase así mesmo habilitado o seguinte trámite CASIA para a identificación dos traballadores con SAA 151 en aplicación da citada Disposición transitoria única.

Materia: Afiliación, Altas e Baixas/ Categoría: Anotación Traballadores desprazados / subcategoría: OM ISM 835/2023 DISPOS.TRANSITORIA ÚNICA.

A comunicación mediante a modalidade de remesas require a modificación dos ficheiros de Afiliación -AFI, FRA e CFA- para incluír o campo PAÍS. O devandito campo incluíuse no segmento ODL, sendo obrigatorio.
A partir da publicación da nova versión de SILTRA 3.5.0, prevista para o 10 de xaneiro de 2024, estará dispoñible a mecanización a través da modalidade de remesas.
No apartado Sistema RED/RED Internet/Documentación RED Internet/Instrucións Técnicas/Afiliación, encóntranse dispoñibles as versións actualizadas dos ficheiros AFI, FRA e CFA, coas modificacións resaltadas sobre fondo gris.

Proximamente informarase ao respecto da identificación de desprazamentos para os supostos previstos nos apartados c e d do artigo 3-SAAs 152, 153 e 154.


29/12/2023- Boletín de Noticias RED 16/2023

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín Noticias RED 16/2023, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto-Lei 8:2023: Disposición Adicional 52ª LXSS.
  • Real Decreto-Lei 8:2023: Artigo 77. Prórroga das exencións na cotización aplicables nas unidades poboacionais de Puerto Naos e a Bombilla.
  • Real Decreto-Lei 8/2023: Artigo 82. Prórroga dos ERTE vinculados á situación de forza maior temporal no suposto de empresas e persoas traballadores das Illas Canarias afectadas pola erupción volcánica rexistrada na zona de Cumbre Vieja.
  • Real Decreto-Lei 8/2023: Artigo 85. Modificación do RDL 1/2023.
  • Real Decreto-Lei 8/2023: DT Oitava. Empregados de Fogar. Suspensión DT 16ª LXSS.
  • Real Decreto-Lei 8/2023: DT Novena. Bases mínimas, máximas e tope máximo de cotización dos réximes do Sistema da Seguridade Social, aplicación do M.E.I.


Complementary Content
${loading}